Ribadeo, 26 de marzo de 2025. Ribadeo celebrará o 25 aniversario como destino turístico e os 20 anos como Ben de Interese Cultural o vindeiro 3 de abril nun acto, que se desenvolverá no auditorio municipal, e que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
O alcalde, Dani Vega, contou esta mañá que “Ribadeo celebra 25 anos de destino turístico e 20 anos de BIC (Ben de Interese Cultural). Vainos acompañar o presidente da Xunta. Sete municipios de todo Galicia celebramos ser ese destino turístico. Estamos a falar de Pobra de Trives, de Lieiro, de Monterrei, Sanxenxo, Baiona e Mondariz Balneario. Sete municipios que hai 25 anos foron declarados destinos turísticos por parte da Xunta de Galicia.
Recordar isto quer dicir que durante todo un proceso fomos medrando e fomos traballando estratexicamente por ter un turismo de calidade, un turismo estratéxico e un turismo que vai en consonancia con todos os sectores de Ribadeo”.
O rexedor dixo: “BIC 20 anos de traballo incansable por conservar o casco histórico, por dinamizar o casco histórico e investir no casco histórico. É verdade que o Concello e todos os gobernos municipais traballaron para ter un casco vello dinámico, vivo, é dicir, o casco vello máis habitado de todo Galicia, o mellor conservado. E polo tanto, iso é un traballo que se fixo por parte de todos os concelleiros, por parte de todos os gobernos locais, pero tamén por parte de todos os técnicos municipais que souberon entender moi ben a normativa vixente. Polo tanto, dinamizar non é deixar facer o que se queira, dinamizar é dar vida, é crear, é apostar por unha zona que ten que estar en permanente dinamismo, pero sempre baixo criterios técnicos e cumprindo a normativa”.
Vega sinalou: “un destino turístico Ribadeo e sete municipios máis de todo Galicia. Recordar para saber de onde vimos, pero que camiño queremos coller, mellor dito ¿a onde nos queremos dirixir? A un turismo de cantidade? Evidentemente, non. Ímonos a ese turismo de calidade, a ese turismo que quere trasladar que hai que convivir permanentemente todos, os que habitamos aquí e os que nos veñen visitar. Non apostamos por invadir, por invasións, non. Apostamos máis por ese turismo que cree na desestacionalización, aposta por unha hostalería de calidade, por unha restauración que traballa e mima, por uns hoteis que coidan. É dicir, somos un destino turístico porque o fixo a administración autonómica ou porque o fixo a administración local? Non. É porque se soubo traballar dende o interese privado e o interese público. As dúas patas son importantes. Se falla unha quedariamos tocados. Aquí hai que seguir agradecendo o traballo que fixeron tamén a iniciativa privada, a restauración, a hostalería, todo un sector servizos que son axentes turísticos permanentemente”.
O alcalde cre que “entre todos podemos seguir dando pasos importantes e creo que Galicia, no conxunto, é unha marca moi potente. Si desde a Xunta están potenciando Galicia Calidade, Ribadeo forma parte desa calidade que suma e que fai máis grande o noso país”.
E subliñou: “un aniversario que celebraremos o 3 de abril no auditorio, onde van acudir todos os alcaldes e alcaldesas que cumpren 25 anos de destino turístico, que vai a acudir o presidente de Galicia, e moi agradecido de que asista todo o pobo de Ribadeo para tamén recoñecer a súa labor. Se nós dicíamos que todos os gobernos locais traballaron incansablemente, tamén vamos a convidar a que participen neste acto, Balbino Pérez Vacas e José Carlos Rodríguez Andina. Foron dous alcaldes, un que traballou para recoller esa distinción de 25 anos, foi grazas a Andina porque iniciou toda a tramitación para ser un destino turístico; e se somos BIC é tamén grazas a Balbino Pérez Vacas, que traballou para que se declarara toda a zona vella un ben de interese cultural. Polo tanto, entre todos recordar para seguir traballando e así Ribadeo siga avanzando”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



