Viveiro, 2 de abril, 2025. O BNG denuncia a que cualifican de preocupante volta á situación de abandono e acumulación de residuos na parcela do parque das Nogueiras, un espazo que durante máis de 20 anos funcionou como un punto incontrolado de vertedura e que, durante o noso mandato na Tenencia, conseguimos limpar e recuperar para evitar problemas medioambientais e estéticos que xeraba.
Co traballo feito, tan só hai que mantelo
Míriam Bermúdez explica que “durante o noso goberno na Tenencia, levamos a cabo unha intervención decisiva para erradicar esta práctica, limpando por completo a zona e reforzando a concienciación para que os residuos fosen xestionados correctamente, foi por isto polo que renovamos e ampliamos Punto Limpo de Patarroa-Escourido e elaboramos a nova Ordenanza de Convivencia, Limpeza e Residuos”.
“Grazas a estas medidas, a parcela das Nogueiras permaneceu limpa e libre de residuos ata o último día do noso período na Tenencia da Alcaldía”.
“Porén, coa chegada de Mariña Gueimunde, observamos con gran preocupación como volvemos á situación anterior. Volven acumularse restos de poda, herba e outros refugallos, demostrando xa no inicio do seu mandato falta de xestión e compromiso”.
“Repítense as mesmas politicas tanto no PSOE coma no PP. Mentres que no BNG fixemos todo por limpar e manter o lugar ata o último día sen un só residuo. Manter limpa As Nogueiras é posible”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



