Burela, 4 de abril, 2025. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey, visitou esta mañá o Centro de Día de Menores San Aníbal (Burela) xunto á alcaldesa, Carmela López, e o director territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Óscar Viñas.
O motivo desta visita foi inaugurar a nova zona de xogos exterior do Centro de Día de Menores San Aníbal, proxecto realizado coas axudas recibidas da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia grazas ó recadro de fins sociais da Renda 2023, e que consistiu na renovación do parque infantil exterior do Centro de Día cun novo pavimento e xogos adaptados a nenos e nenas con diversidade funcional, así como o mantemento da pista polideportiva do Centro de Día.
Na súa visita estiveron acompañados polo equipo directivo dos Centros San Aníbal e representantes da corporación municipal, como Alejandra Fernández e Félix Martins.
A continuación, celebrouse unha rolda de prensa na que o director da Obra Social das Fillas do Divino Celo, Jesús Iglesias, presentou a Memoria 2024 da Obra Social da entidade, facendo balance da actividade dos seus diferentes centros e programas, a través dos cales se atenderon no último ano 99 usuarios e 75 familias.
Tamén destacou a importancia da xestión da calidade, xa que a Obra Social das Fillas do Divino Celo conta con diferentes certificacións que garanten a calidade dos seus servizos (ISO 9001), a conciliación da vida persoal, familiar e laboral (Empresa Familiarmente Responsable, EFR) e a protección fronte á violencia nunha contorna laboral segura (UNE 0070).
A alcaldesa de Burela, Carmela López, felicitou á Congregación de Fillas do Divino Celo e a todo o seu equipo de traballadores polo labor que realizan desde os seus centros, especialmente en favor do benestar dos menores.
Pola súa banda, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey, destacou unha vez máis aos Centros San Aníbal de Burela como grandes referentes da atención de menores en Galicia. E, tomando como referencia os datos da propia memoria da entidade, puxo en valor os resultados das enquisas de calidade aos seus usuarios, que presentan máis dun 91% de satisfacción co servizo á súa saída do programa.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



