Esta ferramenta permite xestionar perfís profesionais de forma áxil e facilitar o acceso directo ás ofertas de emprego da Axencia de Colocación da institución, ao tempo que axuda ás empresas a axilizar as publicacións das súas ofertas e mellorar os procesos de selección
Lugo, 12 de abril de 2025. A Deputación de Lugo lanza a APP móbil gratuíta DeputaciónLugo Emprego, co obxectivo de facilitar o contacto entre persoas que buscan traballo e empresas que precisan incorporar persoal na provincia. A ferramenta está xa dispoñible e supón un avance na modernización dos servizos públicos de intermedación laboral que a institución provincial ofrece a través da súa Axencia de Colocación.
A APP DeputaciónLugo Emprego permite aos demandantes de emprego xestionar os seus perfís profesionais de forma áxil e acceder de maneira inmediata ás ofertas de traballo publicadas pola Axencia de Colocación. Ao mesmo tempo, esta ferramenta axuda ás empresas a axilizar a publicación das súas ofertas e mellorar os procesos de selección, adaptándoos mellor ás súas necesidades para atopar o persoal máis adecuado.
Esta aplicación tamén responde a dous dos grandes retos do mercado laboral: o desemprego e a falta de persoal cualificado nas empresas. Permite ás persoas atopar traballo en Lugo e facilita que as empresas cubran as súas vacantes con candidatos calificados, favorecendo a fixación de poboación no territorio.
A nova ferramenta forma parte da aposta da Deputación de Lugo pola innovación tecnolóxica e a modernización dos servizos públicos para facilitar o acceso ao emprego e fomentar a contratación local.
A APP xa está dispoñible para a súa descarga de maneira gratuíta tanto para iOS como para Android, a través do seguinte enlace: https://deputacionlugo.portalemp.com/portalemp-app.html
Como funciona para os demandantes e as empresas
As persoas que buscan traballo poden rexistrarse facilmente, subir o seu CV e configurar o seu perfil profesional, recibindo alertas personalizadas con ofertas adaptadas aos seus intereses. Poden inscribirse de maneira rápida nas ofertas que lles interesen.
Pola súa parte, as empresas poden publicar as súas ofertas de emprego de maneira sinxela, aumentar a visibilidade das súas vacantes e recibir candidaturas filtradas e adaptadas ás súas necesidades, mellorando a xestión dos procesos de selección.
Axencia de Colocación provincial
A Deputación de Lugo conta cun servizo público de inserción laboral na provincia que ofrece gratis aos veciños e veciñas, empresas e colectivos lucences de toda a provincia. O seu obxectivo é insertar no mercado laboral da provincia aos lucenses que busquen traballo, tanto aos que estean no paro como a aqueles que queiran mellorar a súa situación laboral como nas empresas ou entidades que estean a buscar novos traballadores e contribuír á xeración de novas entidades, axudando aos emprendedores.
Conta cunha oficina presencial no Pazo de San Marcos, con horario de luns a venres dende as 09:00 horas ás 14:00 horas, onde axentes de emprego do organismo provincial atenden dende hoxe, de xeito persoal e individual, ofrecendo asesoramento, ás persoas que busquen traballo, ás que desexen mellorar a súa situación laboral ou ás que queiran emprender. Tamén se presta este servizo aos representantes de entidades ou asociacións da provincia que estean a buscar novos traballadores, orientándoos sobre os perfís que requiren, tendo en conta as súas necesidades, para mellorar ou ser máis competitivos.
Ademais desta oficina presencial, hai unha plataforma web (deputacionlugo.portalemp.com/index.php?lng=gl) na que se pode trasladar á Deputación toda esta información. Tamén se pode acceder á mesma dende www.deputacionlugo.gal, pois hai un banner de enlace directo.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



