A veciña de orixe senegalesa compartiu a súa experiencia persoal coas nenas e nenos de 6º de primaria do CEIP Os Castros e do CEIPP Vista Alegre, nunha actividade promovida pola Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela
Burela, 29 de abril de 2025. O alumnado de 6º de primaria do CEIP Os Castros e do CEIP Vista Alegre participou esta semana nunha charla de sensibilización organizada pola Concellería de Inmigración e Cooperación, dentro do seu programa de atención a inmigrantes.
A actividade contou coa intervención de Alimatou Niang Ep Sarr, veciña da vila desde 2012 e de orixe senegalesa, quen compartiu coa rapazada a súa experiencia de vida marcada pola superación, a integración e a colaboración coa sociedade de acollida.
Durante a charla, Niang abordou cuestións como os desafíos de adaptarse a unha nova cultura, a importancia da perseveranza nas situacións difíciles e os valores da solidariedade e o respecto. A súa intervención foi ben recibida polo alumnado, que participou activamente e mostrou interese pola súa historia.
Segundo declarou o tenente da alcaldesa, Mario Pillado, este tipo de actividades resultan especialmente valiosas para a comunidade educativa: “Para nós é moi importante seguir levando experiencias de integración aos centros educativos e cremos que é moi proveitoso para todo o alumnado este caso concreto de Alimatou Niang. En próximas datas faremos tamén visitas ós centros de secundaria para dar continuidade á actividade”, asegurou o tenente da alcaldesa, Mario Pillado.
Esta acción forma parte dunha actividade de mediación social e/ou intercultural, encadrada dentro do programa dirixido á inclusión social da poboación inmigrante. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


