A formación socialista acusa ao alcalde de anunciar propostas que el mesmo rexeitou no pasado e de desatender durante anos as necesidades básicas do municipio
Xove, 7 de Maio de 2025. O PSdeG-PSOE de Xove denuncia a falta de xestión do alcalde Demetrio Salgueiro tras 17 anos á fronte do Concello, durante os que non foi quen de dar resposta ás necesidades básicas da veciñanza. A formación socialista critica especialmente a ausencia de avances na mellora da rede viaria e considera inxustificable a intención do rexedor de aplicar un expediente de regulación de emprego (ERE) ao persoal municipal, nun contexto marcado pola falta de planificación e polo rexeitamento previo de propostas clave presentadas pola oposición.
Propostas rexeitadas, agora anunciadas polo alcalde
A formación socialista denuncia que as actuacións anunciadas recentemente polo rexedor en materia de infraestruturas, como a mellora da rede viaria ou o impulso de proxectos estratéxicos, foron previamente propostas polo grupo socialista e rexeitadas polo propio goberno local.
En concreto, os socialistas lembran que iniciativas como o polígono industrial ou a recuperación do Portiño de Morás foron defendidas polo PSdeG durante o debate orzamentario de 2024, sen obter apoio do executivo. “Resulta incoherente que agora se presenten como novidades proxectos que foron desbotados cando se tiña a oportunidade de impulsalos”, sinalan.
Inacción municipal nas estradas fronte ao compromiso da Deputación
En relación ás estradas, os socialistas critican que o alcalde leve anos queixándose dun convenio que el mesmo propuxo, pero que nunca foi quen de poñer en marcha. Subliñan que “é o actual goberno da Deputación de Lugo, presidido por José Tomé Roca, quen está a traballar para mellorar a rede viaria no municipio, co obxectivo de garatir unhas comunicacións seguras e dignas para a veciñanza”. Acusan a Salgueiro de desinterese e de non ter actuado en 17 anos para resolver as deficiencias viarias que afectan a Xove.
Rexeitamento a un posible ERE para o persoal municipal
Así mesmo, o PSdeG-PSOE de Xove considera especialmente grave que o alcalde propoña un expediente de regulación de emprego (ERE) para o persoal municipal. Nun concello de arredor de 3.500 habitantes, con cinco dedicacións retribuídas e máis de tres millóns de euros en partidas de mantemento, a formación considera que “existen marxes de revisión e axuste que deben abordarse antes de tomar medidas que afecten ao cadro de persoal”.
Compromiso da Deputación con todos os concellos
Os socialistas rexeitan as declaracións de Demetrio, nas que acusa a Deputación de Lugo de discriminación fronte a outros concellos. Lembran que municipios como Cervo, gobernado polo Partido Popular, tamén contan con investimentos provinciais, o que demostra que os criterios de reparto responden a criterios obxectivos e non a afinidades políticas. “O que está en cuestión non é a cor política das institucións, senón a capacidade de xestión e a vontade de traballar por Xove, que o actual goberno local non ten demostrado”, conclúen.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



