Foi baixo o título: Coñece os teus dereitos como consumidor, enmarcado nesta ocasión nunhas xornadas participativas nas que se abordarán neste mes de maio temas moi interesantes para o consumidor baixo o epígrafe “Consumo en Ruta” en colaboración coa Xunta de Galicia e da asoc. Xubilados Terramar. As próximas charlas serán os martes 20 e 27 de maio, no local social da asoc. de Xubilados Terramar, na Casa do Mar.
