María Loureiro recrimina ao actual goberno que use “escusas” e lembra que o PP deixou en 2003 unha débeda de máis de 11 millóns de euros e máis dun millón en sancións por licenzas mal concedidas
Viveiro, 17 de Maio de 2025. A Agrupación Socialista de Viveiro responde con contundencia ás declaracións realizadas este venres pola alcaldesa popular, Mariña Gueimunde, sobre a multa de 2.700 euros imposta por Costas pola instalación dunha carpa nos xardíns durante o Entroido.
“Esta sanción é unha escusa para xustificar a súa falta de xestión. Desde a oposición todo é moi fácil, pero agora que están no goberno son conscientes de que as cousas non o son tanto”, afirma a voceira socialista, María Loureiro.
Loureiro lembra que “o que se está executando en Viveiro nestes momentos son obras e proxectos que deixou o noso goberno socialista. Todo o que se está facendo ou está previsto facer foi xestionado polo PSdeG. É evidente que quedaron cousas sen tramitar, porque nos botaron en só dez días cunha moción de censura, sen tempo para pechar os trámites en curso”.
En relación coa sanción de Costas, Loureiro aclara que “nos estamos a enterar polos medios de comunicación. Non estamos de acordo con esa multa, xa que sempre se tramitou con diálogo coa administración. O Concello de Viveiro tivo problemas todos os anos á hora de instalar a carpa, porque os espazos están afectados por Costas ou por Portos de Galicia. Neste caso, mesmo se valorou a posibilidade de instalala no pavillón Antonio Tarrío, pero a Consellería de Educación da Xunta de Galicia non o permitiu”.
Desde o PSOE de Viveiro denuncian a “hipocrisía do Partido Popular ao falar de suposta mala xestión”, cando foron eles, en 2003, os que deixaron ao Concello “unha débeda de máis de 11 millóns de euros” coa súa saída do goberno. “O mentor da actual alcaldesa foi o responsable daquela etapa desastrosa, e durante o noso mandato tivemos que pagar máis de 1 millón de euros en sancións por licenzas mal concedidas polo PP”, explica Loureiro.
A voceira socialista explica que un dos casos máis escandalosos foi o do Pazo de Grallal, no que o anterior goberno do PP concedeu unha licenza sen a autorización de Patrimonio tan só dous días despois de perder as eleccións. “Por esa irresponsabilidade, o Concello tivo que pagar preto de 800.000 euros ao promotor. E non foi un caso illado: tamén en Nicolás Cora tivemos que regular e sacar unha altura ao edificio e pagar 450.000 euros. E en Lodeiro, onde afrontamos outra multa de 100.000 euros. Todo isto derivado de erros cometidos polo PP cando gobernaba”.
“Non estamos orgullosos da sanción de 2.700 euros, pero resulta insultante que veñan agora a dar leccións de xestión cando fomos nós quen tivemos que pagar as consecuencias do seu nefasto mandato. Esa é a verdadeira herdanza do Partido Popular en Viveiro”, concluíu Loureiro.
En relación á suposta negociación sobre os orzamentos municipais, o PSdeG de Viveiro aclara que, contra o que deu a entender o actual goberno local, “a día de hoxe non existe ningún proceso aberto neste sentido”. A agrupación socialista subliña que non recibiu ningunha proposta formal nin foi convocada a ningunha reunión para abordar esta cuestión.
A formación reitera a súa disposición ao diálogo e á colaboración, sempre desde a responsabilidade e co obxectivo de garantir a estabilidade institucional e o interese xeral da veciñanza. Ao mesmo tempo, lembra que o Partido Popular foi quen se opuxo sistematicamente á aprobación dos orzamentos cando exercía na oposición.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



