Barreiros, 27 de maio de 2025. A rexedora de Barreiros, Ana Ermida, participa durante a xornada de hoxe e a de mañá no III Encontro de Gobernos Locais que se celebra en Gandía.
Tras formar parte como relatora na pasada edición destes encontros, que tivera lugar en Lugo no ano 2023, Ana Ermida acude nesta ocasión formando parte da delegación galega de 10 persoas, capitaneada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
As xornadas desenvolveranse coa participación de poñentes que representan as distintas institucións presentes na cooperación internacional; desde os concellos de todo o Estado ata institucións internacionais como o Parlamento Europeo ou o Centro para la Participación y el Desarrollo Humano Sostenible de Bolivia.
Durante o desenvolvemento do Encontro trataranse distintos aspectos sobre o papel dos municipios no ámbito internacional e a contribución destes na axuda ao desenvolvemento.
Ana Ermida destaca a “importancia de situar a Barreiros como referente nas políticas de cooperación e desenvolvemento, algo que é posible grazas ao traballo en rede que se levan moitos anos desenvolvendo desde o Fondo Galego e ao que Barreiros se sumou hai cinco anos”.
“Traballamos por amosar que Barreiros é un concello solidario e acolledor, algo que as veciñas e veciñas sempre exerceron e que temos o orgullo de visibilizar desde a institución coa que representamos a esa veciñanza”, afirma.





















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



