María Loureiro pide a Gueimunde que cumpra os pactos que a levaron á Alcaldía e que esixa á Xunta o financiamento comprometido co municipio
Viveiro, 27 de Maio de 2025. O PSdeG-PSOE de Viveiro desminte as recentes declaracións da Alcaldesa Mariña Gueimunde, nas que se acusa falsamente á Deputación de Lugo de incumprir supostos compromisos co municipio. “A realidade é que nunca existiu unha promesa directa dun millón de euros, como se está a suxerir. Trátase dun acordo político no contexto da moción de censura, no que se incluían actuacións concretas para Viveiro e no que cada parte se comprometía a buscar financiamento. Foi Mariña Gueimunde quen asumiu ese compromiso para acceder á Alcaldía, polo que agora lle corresponde asumir a súa parte”, aclara a voceira socialista, María Loureiro.
“Como da Xunta de Galicia non había resposta nin compromiso, buscouse financiamento na Deputación. Agora quere presentar ese mesmo acordo como unha promesa incumprida, cando en realidade é parte do pacto político que lle permitiu chegar ao goberno”, engadiu Loureiro.
Desde o PSdeG lembran que a colaboración da Deputación con Viveiro é constante, sostida no tempo e cuantificable. Entre 2025 e 2027, a achega da institución provincial supera os dous millóns de euros, sumando fondos do Plan Único, convenios asinados e actuacións en execución. Entre as actuacións destacan: a mellora da rúa do Porto de Celeiro; a renovación das beirarrúas de Magazos; a instalación dunha nova deshumectadora na piscina municipal e a renovación da maquinaria; a modernización da fontanaría no campo de fútbol Marcos Gómez; o arranxo do Barrio do Conexo en Covas; e a adquisición de maquinaria para as instalacións deportivas, cun investimento específico de 50.000 euros.
“O Partido Popular non pode falar de abandono institucional cando máis do 90% das obras actualmente en marcha en Viveiro contan con financiamento da Deputación. O actual goberno municipal debería centrarse en cumprir os compromisos que asumiu e deixar de poñer en dúbida os que xa están executándose con fondos provinciais”, afirma a voceira socialista, María Loureiro.
A voceira socialista critica tamén que a alcaldesa proporcione á veciñanza unha información incompleta e interesada. “Onte acudiu á Deputación para participar nunha reunión institucional coa finalidade de asinar un convenio de colaboración sobre a Semana Santa, pero evitou facer referencia a ese acto público e aproveitou a ocasión para repetir un discurso de victimismo e presión política. En lugar de poñer en valor a colaboración que existente entre ambas administracións, optou por reclamar investimentos que xa están en marcha ou que, directamente, son competencia da Xunta de Galicia”, engade a socialista.
Neste sentido, Loureiro lembra que o Conservatorio Profesional de Música é unha ensinanza regrada e, como tal, debería ser asumida pola administración autonómica. A Xunta comprometeuse verbalmente a financiar o 30 % do custo anual -uns 300.000 euros-, pero ata o momento non houbo ningunha achega nin anuncio oficial. “A alcaldesa reuniuse co C1onselleiro, pero non obtivo ningún resultado concreto. Se esixe á Deputación, tamén debe esixir con firmeza en Santiago”, sinala.
En relación á situación económico-financeira do Concello, o PsdeG de Viveiro rexeita con contundencia a idea dun suposto “burato herdado”. Lembran que os orzamentos, subvencións e expedientes en tramitación forman parte da actividade ordinaria dun Goberno activo.
“Non se puido pechar todo o que estaba en marcha debido a unha moción de censura executada nun prazo de apenas dez días. Falar de débeda herdada é, ademais de falso, un intento de eludir responsabilidades presentes”, sostén María Loureiro. “O goberno socialista deixou proxectos en marcha, convenios asinados e investimentos comprometidos. Quen goberna agora debe asumir a súa responsabilidade e exercer a xestión con rigor e lealdade institucional, sen recorrer a discursos victimistas nin a falsas acusacións”, conclúe.
Desde o PSdeG de Viveiro lamentan que o Partido Popular insista en xerar confusión e desacreditar o traballo dunha Deputación que está a cumprir con feitos e, mentres tanto, a Xunta de Galicia segue ausente. A verdadeira responsabilidade da Alcaldesa é xestionar e reclamar con firmeza ante todas as administracións, e non eludir os compromisos que asinou tentando responsabilizar a outros do que agora é a súa competencia.
Neste contexto, destacan a intervención do Deputado provincial Pablo Rivera no pleno da Deputación celebrado hoxe, no que o PP presentou unha moción baseada neste compromiso inexistente. Rivera lembrou que Viveiro recibirá entre 2025 e 2027 case 2 millóns de euros da institución provincial e acusou o PP de “mentir deliberadamente” para xustificar promesas que non poden cumprir. “O PP non ten unha soa idea nova para Viveiro. E a súa alcaldesa non ten outra política que dicir “amén” ao que lle marquen desde Santiago”, concluíu.
Por outra banda, desde o PSdeG denuncian as declaracións realizadas durante o pleno polo Deputado do PP, Demetrio Salgueiro, quen afirmou textualmente: “Están moi doídos por perder ese pase de modelos continuo que tiñan nesa loita para ver quen poñía máis fotos un día tras outro”. A agrupación socialista considera estas palabras “machistas, ofensivas e absolutamente impropias nun debate institucional”. Lamentan que non foran retiradas nin se emitise ningunha desculpa por parte do grupo popular, e reclaman respecto “para todas as persoas que exercen a política, sen aceptar comentarios cargados de sexismo e desprezo”.
Dita moción presentada polo Partido Popular foi finalmente rexeitada pola maioría da corporación provincial.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



