A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, anunciou que na Xunta de Goberno deste venres aprobouse un incremento deste programa do 20% pasando das 1.750 prazas ofertadas para esta tempada a 1.970; e dun investimento de 121.605€ a case 146.000€
Lugo, 30 de maio de 2025. A Deputación de Lugo vén de aprobar na Xunta de Goberno deste venres a ampliación do Lugo Termal nun 20% co que poderá ofrecer aos veciños e veciñas da provincia 220 prazas máis para esta tempada nos balnearios de Lugo, Guitiriz, Pambre e Pantón. Así o anunciou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión deste venres.
García Porto explicou que “con este incremento pasaremos das 1.750 prazas ofertadas para esta tempada a 1.970, o que supón tamén un aumento na partida orzamentaria que pasa dos Lugo, 30 de maio de 2025121.605€ a case 146.000€”. A Voceira socialista explicou tamén que este acordo dá resposta á alta demanda desta iniciativa “sendo un programa que conta cunha gran acollida entre os lucenses. Para esta edición presentáronse nesa mesma mañá máis de 600 solicitudes,grac e, a día de hoxe, xa están cubertas todas as prazas”, avanzou.
A institución provincial ofrece así 220 prazas con estancia para esta tempada 2024/2025: 100 para o Balneario de Guitiriz; 100 para o Balneario de Augas Santas; 12 para o Balneario Río Pambre e 8 para o Balneario Termas de Lugo. Estas prazas cubriranse, en primeiro lugar, coas persoas que quedaron na lista de agarda e, despois, segundo a orde de solicitude. O prazo para solicitalas está xa aberto ata o 15 de novembro ou ata que se esgoten as prazas. As persoas interesadas poden consultar os modelos de solicitude en https://deputacionlugo.gal/es/temas/benestar/lugotermal.
En canto aos requisitos e as condicións para poder participar, Pilar García Porto sinalou que “son as mesmas que nas anteriores convocatorias. Os solicitantes deberán estar empadroados nalgún dos concellos da provincia e ter 50 anos de idade ou máis. Os beneficiarios, que poderán acudir cun acompañante sen límite de idade, obterán descontos e tamén, haberá diferentes técnicas e tratamentos a disposición das persoas usuarias”.
Así mesmo, recalcou que “a Xunta de Galicia ofrece para toda a comunidade unhas 1.230 prazas, 740 prazas menos das que ofertamos desde a Deputación de Lugo só para a nosa provincia. Esta comparativa deixa claro o enorme esforzo investidor que estamos a facer con este programa, que non só favorece e mellora a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, senón que tamén contribúe a dinamizar a economía local e a impulsar o turismo termal no noso territorio”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



