Unha noticia atribúe este ano un número maior de matriculacións nas PAU á materia de Matemáticas para as Ciencias Sociais que a Matematicas II, materia troncal na vía de ciencias ou tecnoloxías no bacharelato. Non é unha ‘boa noticia’ nin ‘mala’. Sinxelamente, é ‘unha noticia’, unha información de que algo estaría a cambiar nas tendencias de elección cara ó futuro. Coido que nin está relacionada cun maior interese pola ciencia nin cun maior aprecio ou valoración da mesma.
Tamén hai uns días que por outra razón ben diferente, veu á miña cabeza o ‘salto dos chinos’. Resulta que hai 40 ou 50 anos, cando a China era con diferenza a nación máis poboada do mundo, e seguía a medrar a un ritmo superior a calquera outra, tivo certa difusión unha pregunta: que pasaría se todos os chinos se puxeran a saltar ó tempo? Xa adiantei noutro artigo que a resposta sería ‘nada’. Fiando un pouco máis fino, os chinos que saltasen sobre unha estrutura algo débil, podían facer que tremera ou mesmo afundira, pero os menos de mil millóns de chinos daquela, repartidos nunha superficie de algo menos de 10 millóns de km2, aínda que desen un gran salto de un metro de alto e consideraramos que de media tiñan uns moi abundantes 100 kg, empregarían unha enerxía que, distribuída pola súa superficie, non chegaría a producir un movemento de terra que puidéramos sentir. Outra cousa sería que lográramos concentralos nun punto. Digamos, nunha cancha de fútbol sala. Entón, o efecto podería sobrepasar un terremoto de magnitude 4 na escala Richter. En canto a ter unha influencia planetaria, sacar a Terra da súa órbita -algo que cheguei a escoitar-, totalmente descartado: o movemento da Terra en conxunto non superaría a centésima parte do diámetro dun átomo. Todo o dito neste parágrafo non é difícil de demostrar con matemáticas elementais e un par de ideas de física.
Mais o ‘salto dos chinos’ coido ten hoxe unha implicación profunda para a nosa sociedade con outro sentido totalmente diferente. Así, polo momento, a China é o único país que aparentemente lle está a discutir de xeito firme as medidas unilaterais ós EEUU de Trump, o mesmo que o liderado mundial. Algo normal despois de medrar economicamente (digamos en ‘contas empresariais’) durante ao menos tres decenios a taxas próximas ó 10 % anual (equivalente a dicir que en 25 anos multiplica por 10 o tamaño da súa economía) mentres que os EEUU o facía arredor do 2 ou 3 % anual (equivalente a dicir que no mesmo tempo, 25 anos, non chega a multiplicar por dous a súa economía). Normal e relacionado co desenvolvemento non só do comercio mundial, senón da súa tecnoloxía e a súa ciencia: hai asemade tempo que a competencia en materia de matemáticas dos seus estudantes logra situarse entre as primeiras do mundo, e con elas, vai avanzando a competencia científica e tecnolóxica dun país que ten 1/5 da poboación mundial. Lémbrome diso nun tempo no que os EEUU, despois de ter rebaixado a calidade do seu sistema educativo, está a loitar para desprenderse dos mellores talentos científicos aproveitando trabas diversas, e tamén un tempo no que a China ano tras ano forma máis enxeñeiros que o resto do mundo xunto.
Non sei se en Pequín na selectividade existen materias equivalentes ás nosas Matemáticas II e Matemáticas para as CCSS; supoño que algo haberá. Pero a excelencia dos resultados alí en relación á matemática en xeral fai indiferente o valor da resposta, sen terremotos e sen que a Terra se saia da súa órbita.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



