Lugo, 6 de xuño, 2025. O Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, quere saír ao paso das manifestacións realizadas polo Partido Popular e aclarar a situación real do Centro de Atención a Maiores de Trabada, ante as falsidades vertidas polo grupo provincial do PP:
1. É rotundamente falso que a directora da residencia fose cesada. Presentou a súa renuncia de maneira voluntaria, tal e como consta por escrito. Por tanto, o Partido Popular minte deliberadamente ao afirmar que foi apartada pola Deputación.
2. Na súa carta de renuncia, a directora expón que a súa decisión responde á campaña pública de desprestixio da que foi obxecto, con acusacións infundadas que cuestionaban a súa profesionalidade. Esta realidade abre interrogantes sobre quen impulsou esa campaña e con que finalidade. Desde a Deputación de Lugo respectamos e entendemos a súa decisión persoal, adoptada nun contexto de forte presión externa. En calquera caso, queremos deixar claro que a dirección da residencia estivo e segue estando plenamente garantida, asegurando en todo momento o correcto funcionamento do centro e a atención ás persoas usuarias.
3. A tensión xerada en torno a esta situación non é allea á estratexia mediática do Partido Popular. Cabe preguntarse se non son tamén corresponsables do clima que levou a esta decisión. A utilización partidista dun asunto tan sensible como o coidado das persoas maiores non debería ter cabida na política institucional.
4. Resulta igualmente chamativo que o PP esixa explicacións constantes á Deputación, cando non exerce a mesma presión sobre a Xunta de Galicia, que é quen ostenta as competencias en materia de políticas sociais. Esta dobre vara de medir evidencia a natureza política e interesada desta campaña.
5. O señor Ameijide debería explicar o seu papel na difusión destas acusacións e valorar se é compatible cunha actuación institucional responsable. A súa implicación directa pon en dúbida a súa vontade de defender o interese xeral. Converterse nun mentireiro profesional non lle dá máis credibilidade nin está á altura do que a cidadanía espera dun representante público.
Rivera Capón reitera o compromiso da Deputación de Lugo coa transparencia, a responsabilidade e o benestar das persoas maiores, e lamenta profundamente que o PP pretenda usar esta situación como ferramenta de confrontación.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



