A Xunta de Goberno celebrada este venres deu luz verde incrementar este programa dotado con máis de 4,3M€ de fondos europeos para a transformación dixital e modernización das administracións locais da provincia
Lugo, 6 de xuño de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada este venres aprobou ampliar o proxecto Impulsa TIC, o programa que lanzou a institución provincial para a transformación dixital e modernización das administracións locais da provincia. Así o explicou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que “concretamente, acordamos licitar dúas novas actuacións por algo máis de 240.000€ para a instalación dunha nova infraestrutura que permita mellorar as capacidades e servizos de 31 concellos”.
“Durante a realización das actuacións anteriores nos 52 concellos adheridos ao programa, os nosos técnicos detectaron diferentes deficiencias e necesidades de mellora na infraestrutura TIC local, en canto a capacidade e en canto a seguridade dos sistemas informáticos e servidores que os concellos teñen in-situ para albergar as aplicacións e información dos servizos que presta á cidadanía”, relatou a Deputada.
Para paliar esta situación, a Deputación de Lugo licita dous proxectos por un importe de 120.879€ cada unha para os 31 concellos que solicitaron participar nesta nova actuación. O primeiro deles irá destinado á renovación de servidores municipais. “Dotaremos a estes concellos de equipos informáticos novos de última xeración para ampliar as capacidades e recursos tecnolóxicos dos servidores municipais actuais, con medidas de seguridade e dispoñibilidade”, explicou García Porto, quen engadiu que dentro do contrato non só se realizará o subministro, senón que se instalará e configurará en cada concello para que quede completamente operativo.
A Deputación levará a cabo un segundo proxecto para implantar sistemas de protección e de copias de seguridade, que preveña por unha parte de accesos indebidos aos principais servidores e, por outra, que conteña proteccións ante cortes de subministro eléctrico, co fin de aumentar a seguridade e dispoñibilidade dos servizos municipais. Ademais implantarase un sistema de copias de seguridade automatizadas que faga un respaldo da información máis sensible e permita aos concellos recuperarse ante perdas de información provocadas por incidentes ou ciberataques.
“Estimamos unha duración de dous meses, rematando en calquera caso antes do 15 de setembro”, informou a Deputada, quen lembrou que “este novo investimento súmase ós 4,3M€ de fondos europeos que foi quen de captar a Deputación de Lugo para a transformación dixital e modernización dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia”.
Os fondos investidos ata o momento permitiron, segundo valorou a Deputada, a mellora da eficiencia dos servizos básicos de administración dixital e mellorar a interoperabilidade administrativa; e por outra, conseguir concellos máis resilientes con capacidade de ofrecer servizos electrónicos aos cidadáns, mellorando ademais a transparencia, apertura e accesibilidade municipal.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



