Representantes da directiva provincial, local e de Novas Xeracións visitaron esta premiada granxa da Pastoriza
A Pastoriza, 10 de xuño de 2025. Unha comitiva do PP lucense achegouse á Pastoriza a coñecer a xovenca campioa de España de raza Frisona, Rey 1273 Haxl Bambi, e a súa “exemplar” explotación, SAT Rey de Miñotelo, da man de Alberto Iglesia.
O coordinador do PP lucense e senador José Manuel Balseiro, a secretaria da Área de Demografía do PP lucense, Sara Ruiz, a vicesecretaria de Acción Sectorial do PPdeG, Olga Iglesias, a deputada nacional Cristina Abades, o presidente, Marcos García Lombardero, e membros do PP local, o presidente de NNXX da provincia, Miguel Gallego, e integrantes da formación xuvenil participaron na visita co obxectivo de poñer en valor “algo tan emblemático do campo de Lugo e de España”.
“Queremos poñer o foco na forma de optimizar a produción animal ao benestar dos mesmos, á súa morfoloxía e beleza que repercuten positivamente nos animais. Isto afecta directamente ao futuro no noso gando e dunha gran industria láctea, ademais dos postos de traballo que xera ao seu redor”, subliña Ruiz.
A SAT Rey de Miñotelo, que ten logrado numerosos recoñecementos a nivel autonómico e nacional cos seus animais, é un exemplo da profesionalización do sector lácteo galego.


























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



