A peche brasileira cerra un capítulo glorioso de nove tempadas nas que axudou a conquistar 4 ligas, 6 copas da Raíña, 5 supercopas, 4 copas Galicia, 1 Recopa e 1 Champions
Burela, 10 de xuño, 2025. A brasileira Cilene non seguirá no Burela FS e este verán pechará un ciclo glorioso de nove tempadas nas que a peche paulista axudou a conquistar 4 títulos de Liga (19/20, 20/21, 22/23 e 23/24), 6 Copas da Raíña (2019, 2020, 2021, 2022, 2023 e 2025), 5 Supercopas (2020, 2021, 2022, 2023 e 2024) e 4 Copas Galicia (2019, 2021, 2023 e 2025), así como as oficiosas Recopa de Europa (2019) e Futsal Women’s European Champions (2021).
Cilene Pereira Paranhos (São Paulo, 1984) chegou ao Burela FS en setembro de 2016, cando xa contaba con 32 anos, para apontoar un plantel que perdera moito potencial coas saídas de xogadoras tan importantes como Peque, Maite, Gaby ou Claudia. Cunha sólida carreira xa ás súas costas no seu país, tralo paso por equipos como o Jaguaré, o Kindermman, o São Bernardo ou o São Bernardo, a Pentacampeona mundial con Brasil -torneos oficiosos- e declarada como mellor xogadora do Mundo en 2008, achegou desde o primeiro momento a súa experiencia, oficio e calidade a un grupo moi novo e que, a pesar de todas as saídas, conseguiu finalizar esa campaña nunha máis que meritoria cuarta praza en Liga. A peche destra destacou sempre polo seu manexo do balón, a súa temperanza, a súa calidade de pase e a súa intelixencia á hora de interpretar o xogo.
Coa chegada de novos e importantes reforzos durante as tempadas seguintes, a lendaria peche brasileira pasou a gozar dos anos dourados do conxunto feminino, sendo moi importante sempre nos éxitos laranxas, como naquela lembrada final de Copa da Raíña disputada nun pavillón de Vista Alegre cheo ata a bandeira en xuño de 2019 diante do Futsi e na que a brasileira anotou o tanto definitivo na quenda de penaltis que iniciou o histórico ciclo vitorioso da entidade burelista. Ese mesmo ano tamén se alzaba en Paraguai coa súa quinta Copa América de seleccións.
Así mesmo, Cilene coñeceu a cara máis amarga do deporte en Burela, cando precisamente noutra final rompía o tendón de Aquiles. Foi en xaneiro de 2021, cando as mariñás alzaban arroupadas pola Familia Laranxa no seu pavillón o título de campioas da Supercopa diante do Poio Pescamar (2-0). Nos instantes finais, a paulista caía lesionada e perdíase o resto da tempada, volvendo á competición en outubro dese mesmo ano.
Nestes últimos cursos, Cilene, aínda gozando de menos minutos progresivamente, continuou sendo unha peza fundamental nos esquemas de Julio Delgado e un espello de profesionalidade no que mirarse as novas futbolistas que ían chegando á disciplina burelista. Desde o club non podemos menos que agradecerlle todo o traballo, esforzo e compromiso demostrado nestes nove anos e desexarlle a mellor das sortes no futuro, tanto a nivel deportivo como persoal.
Despedida de Cilene
A brasileira envioulle unha fermosa mensaxe de despedida á Familia Laranxa:
“Que tristes son as despedidas e cos ollos cheos de bágoas e o corazón roto despídome dun dos capítulos máis destacados da miña vida. O equipo que me acolleu, me ensinou e me fixo crecer como deportista e persoa. Non é fácil poñer en palabras todo o que vivín e sentín nestes nove anos, pero despídome co corazón cheo de gratitude e amor. Cada adestramento, cada partido, cada conversación quedará comigo para sempre. Foron momentos de superación, vitorias suorentas, derrotas que ensinaron e, sobre todo, unha familia que se creou: Familia Laranxa.
Agradezo a cada unha das miñas compañeiras que estiveron ao meu lado en cada paso desta viaxe, tamén deixo o meu agarimo ao corpo técnico por crer en min, guiarme e desafiarme a ser mellor cada día. Á afección, que sempre estivo presente alentando con amor e apoiándonos, sobre todo nos momentos máis difíciles. O agarimo de vostedes marcou toda a diferenza. Aquí sentinme en casa, estiven na casa, é a miña casa. O meu Burela, grazas por todo!!!”






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



