Foz, 14 de xuño de 2025. Este sábado, día 14 de xuño, na Sala Bahía de Foz, poderá escoitarse a mellor música cun fin solidario. O grupo de góspel Aba Taano, actuará ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 10 euros. Anunciouno a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “Aba Taano é un grupo que canta música góspel. Os beneficios obtidos polo concerto destínanse ao proxecto Música para salvar vidas, para axudar a nenas e nenos orfos de Uganda a medrar e aprender a través da música e a danza co fin de encontrar un futuro no seu propio país. As entradas poderán adquirirse no sitio web giglon.com de forma anticipada, facilitando a xestión das mesmas, ou tamén dende unha hora antes do concerto, na propia Sala Bahía”.
“Dende o Concello de Foz apoiamos estes proxectos que buscan mellorar vidas a través da cultura. Agardamos que o público asista e desfrute moito dunha experiencia diferente á música que estamos habituados a escoitar”, engade Inés López Couto.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



