O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Dirección Xeral de Administración Local resolveu algunhas das principais liñas que convoca anualmente
Lugo, 12 de xuño de 2025. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destina 1.162.000 euros a mellorar infraestruturas e servizos na Mariña a través de tres ordes de axudas a concellos convocadas este ano pola Dirección Xeral de Administración Local. En total apóianse 24 proxectos de 15 concellos e da Mancomunidade de municipios da comarca.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que unha das liñas é a orientada a crear ou adecuar infraestruturas municipais de carácter estratéxico, que se resolveu recentemente.
Os beneficiarios son Ourol – para unha actuación de accesibilidade no centro social -; Mondoñedo – melloras na alameda dos Remedios -; Barreiros – rehabilitación dun local para centro social en Vilamartín Pequeno -; Ribadeo – dotacións da escola de música – e O Valadouro – melloras en instalacións municipais -.
Tamén se concedeu unha axuda conxunta a Barreiros e Trabada para acondicionar unha vía que conecta os núcleos do Rego e Vilamartín Pequeno. Con respecto a esta última, Arias valorou a colaboración entre as administracións locais e a autonómica para acometer unha actuación relevante para a veciñanza, e lamentou que “os representantes municipais non tiveran en conta esta cooperación” cando nos últimos días deron a coñecer o proxecto, “que anunciaron sen facer mención en ningún momento a que a Xunta aporta parte do financiamento”.
“Semella que algún alcalde quere obviar a participación do Goberno galego en calquera iniciativa que beneficie ao seu municipio”, engadiu Arias, en referencia a outra axuda de 32.000 euros ao Concello de Trabada para mellorar o alumeado de varios núcleos, “e que fixeron pública hoxe mesmo eludindo novamente que foi concedida pola Xunta con cargo ao FCA”.
Fondo de Compensación Ambiental
Tamén están aprobadas as achegas correspondentes ao Fondo de Compensación Ambiental do 2025, que suman arredor de 994.000 euros entre as liñas competitiva e non competitiva.
Os concellos beneficiarios son Alfoz, A Pontenova, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Trabada, Viveiro e Xove. Ademais, a Mancomunidade de Concellos da Mariña conta co apoio deste programa para reforzar equipamentos de recollida de residuos domésticos.
Arias explicou que estas son tres das principais convocatorias anuais coas que a Dirección Xeral de Administración local apoia investimentos municipais, xunto con outras que se resolverán ao longo do exercicio. Entre elas están o Fondo de Cooperación Local e as axudas de eficiencia enerxética.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



