A portavoz popular de Xuventude, Nicole Grueira, asegura que “apoiar ao gandeiro é apoiar a quen nos dá de comer, a quen coida do territorio e mantén vivo o sector e a nosa identidade” e, con esta liña de axudas, “Galicia volve demostrar que aposta polo sector gandeiro”
Lugo, 26 de xuño de 2025. Os mozos e mozas que queiran incorporarse ao agro ou mellorar as súas explotacións dispoñen dun prazo dun mes a partir deste xoves 26 de xuño para solicitar as axudas convocadas pola Consellería de Medio Rural cun orzamento de 36M€. Cada explotación poderá beneficiarse de ata un máximo de 320.000€ no caso de solicitar ambas liñas.
Os deputados lucenses do Grupo Popular na Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes no Parlamento de Galicia Enrique Barreiro, Nicole Grueira e José Manuel Mato lembraron esta nova convocatoria de axudas durante unha visita á S. Coop. Lamaboa, a primeira cooperativa de Galicia, na parroquia de San Xoán do Campo (Lugo).
O deputado e portavoz popular de Gandería na Comisión 7ª, Enrique Barreiro, subliñou que “son uns apoios moi importantes que axudan a manter vivo o rural e asegurar unha remuda xeracional nas explotacións gandeiras galegas”. Así mesmo, defende que “axudan a manter o nivel de crecemento e profesionalizacións das nosas explotacións agrarias”.
“O apoio decidido do Goberno galego co noso rural queda claro con medidas reais apoiadas por fondos concretos” coma os 36M€ que dirixe a Consellería de Medio Rural ás axudas dirixidas aos plans de mellora en explotacións agrarias e á incorporación de mozos.
As subvencións que vén de convocar a Consellería de Medio Rural un ano máis, son “un gran apoio para moitos mozos e mozas que dan ese paso adiante e un gran incentivo para aqueles necesitan un empurrón”, segundo manifesta Nicole Grueira, deputada e voceira de Xuventude do Grupo Popular no Parlamento de Galicia.
Grueira sinala que “apoiar ao gandeiro é apoiar a quen nos dá de comer, a quen coida do territorio e mantén vivo o sector e a nosa identidade. Non hai futuro sen campo”. E, con esta liña de axudas, “Galicia volve demostrar que aposta polo sector gandeiro”.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



