As actividades levaranse a cabo no pavillón do CEP Lois Tobío
Viveiro, 28 de xuño de 2025. A primeira quenda do campamento de verán municipal de Viveiro dará comezo o luns 30 de xuño. Desenvolverase ata o 15 de xullo. O horario será de 8.30 a 14.30 horas no pavillón do CEP Lois Tobío, con entrada flexible ata as dez da mañá.
A acumulación de tres faltas de asistencia sen xustificar implicará a baixa automática no campamento e, se esta circunstancia chegase a producirse, chamarase aos menores que figuren na lista de agarda.
O listado definitivo de participantes pode consultarse no taboleiro dixital do Concello de Viveiro.