As chamadas “illas urbanas” impulsadas polo alcalde están a converterse na súa principal marca de identidade, tanto no plano físico como no político
Foz, 2 de xullo de 2025. O Partido Popular de Foz denuncia a deriva “autoritaria” e caótica na que Cajoto está afundindo ao concello, gobernando con soberbia, sen diálogo e completamente illado da realidade social e política, “ao máis puro estilo de Pedro Sánchez”.
As chamadas “illas urbanas” impulsadas polo alcalde están a converterse na súa principal marca de identidade, tanto no plano físico -con beirarrúas mal deseñadas e cruces perigosos sen pasos de peón pintados- como no político, ao actuar illado e sen contar coa opinión dos veciños, da corporación municipal ou mesmo da Policía Local. “Cajoto despreza á Policía Local, ignora á maioría da corporación e dálle as costas aos veciños. Informa pola prensa ou nin iso. Decide, cambia e executa sen contar con ninguén, como Sánchez en Moncloa”, critica o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.
A toma de decisións unilaterais por parte do rexedor está a provocar confusión, malestar e burla entre a cidadanía e os visitantes. Os novos cambios de tráfico -efectuados sen consenso e sen aviso previo- están a dificultar a mobilidade dos veciños, a desorientar os turistas e a entorpecer o traballo dos profesionais e empresas locais.
“A xente xa non entende nada. Hai rúas pechadas, outras cambiadas de sentido sen lóxica ningunha, e moitos dos percorridos recomendados nin sequera aparecen nos GPS. Foz semella un labirinto improvisado”, lamenta Castiñeira.
Cajoto que encargara un plan de mobilidade no que presumía apoiar a súa política urbana, acabou modificándoo pola súa conta e risco, sen dar explicacións, nin buscar acordos.
O PP lamenta que, xa no inicio do verán, a vila presente un aspecto desastroso, con obras a medias, lixo acumulado, sinais contraditorias e unha sensación xeral de desorganización que prexudica gravemente a imaxe de Foz, especialmente nun momento clave para o turismo.
“O que vivimos o verán pasado vai quedar pequeno en comparación co que nos espera este ano”, advirte o voceiro popular, que esixe responsabilidade, diálogo e unha xestión seria e participativa para poñer fin ao despropósito no que, segunda denuncia, está sumida a vila.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



