O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visita o Colexio Veleiro-Docampo, en Castro de Rei, onde vén de licitarse a reforma do pavillón por case medio millón de euros
Castro de Rei, 8 de xullo de 2025. A Xunta de Galicia está a acometer este ano 60 actuacións en centros educativos de Lugo cun investimento total de 7,8M€, segundo avanzou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, nunha visita ao Colexio Veleiro-Docampo, en Castro de Rei, onde o seu departamento vén de licitar a reforma do pavillón por case medio millón de euros.
Na visita, o titular de Educación explicou que nesta provincia se avanza na execución de 13 grandes intervencións (que inclúen ampliacións de colexios e institutos e rehabilitacións integrais) e, a maiores, como todos os anos, aproveitase o período estival para intensificar outras 47 melloras de menor tamaño de pequenas reparacións.
Así pois, no apartado de grandes obras, que xa están en execución e que continuarán ao longo dos vindeiros meses, a Xunta impulsa trece que suman máis de 7,1M€. Delas, cómpre destacar catro actuacións cun importe de case 4,3M€, como é a rehabilitación integral do Instituto Lucus Augusti (que absorbe un investimento de 3,3M€), a rehabilitación integral do Colexio Plurilingüe Poeta Avelino Díaz en Meira (874.000€) e a substitución de carpintarías e luminarias no Colexio Terra Cha de Vilalba (preto de 200.000€). Así mesmo, tamén se vai levar a cabo por vía de urxencia a reparación da cuberta do CEIP As Mercedes de Lugo, cuxo investimento se está concretando.
No que atinxe a obras de pequena envergadura, pero “moi necesarias para o funcionamento do día a día dos centros”, segundo puntualizou o conselleiro, no marco do Plan de benestar e accesibilidade na escola (Plan BEN_Estar 2025), avaliando onte polo Consello, nesta provincia concentraranse ao longo todo o verán un total 47 actuacións por un importe de máis de 705.000€, que se reparten en colexios e institutos de 29 concellos da provincia.
Neste apartado englóbanse actuacións como reparacións varias, traballos de pintura, pequenas reformas da instalación eléctrica, de fontanería, saneamento e baños ou calefacción. Tamén melloras en patios, cambios puntuais de fiestras, portas ou lucernarios, renovación de equipamento de cociña ou adaptación de espazos, entre outros.
Eficiencia enerxética do pavillón do Veleiro-Docampo
Na visita ao Veleiro-Docampo, o conselleiro avanzou que a obra licitada hoxe por 490.000€ ten como obxectivo principal mellorar as condicións de salubridade e de eficiencia enerxética do edificio. Segundo explicou, a intervención, que se levará a cabo en varias fases, está previsto que arranque en outubro, e conta cun prazo de seis meses de execución, polo que esta primeira parte estaría concluída en abril do vindeiro ano.
Nesta primeira fase reducirase a altura do peche perimetral do pavillón, que será substituído por un cerramento de fachada con panel sándwich. Ademais, procederase ao illamento da fachada con material Sate, á substitución dos 1.026m² da cuberta e das correas que hai entre os pórticos.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



