Rematouse a instalación do novo deshumidificador, paso necesario para o aproveitamento correcto da infraestrutura
Viveiro, 9 de xullo de 2025. O vaso pequeno da Piscina Municipal de Viveiro xa está en funcionamento, unha vez rematada a instalación do novo deshumidificador. Esta intervención contou cun investimento de 37.259,52 euros financiado a través do Plan Deputación de Lugo. Os traballos tamén incluíron a retirada do falso teito para proceder á súa reparación e reposición por parte do Concello, co obxectivo de garantir a seguridade e funcionalidade das instalacións e de ofrecer aos usuarios un servizo do que estaban privados desde hai máis dun ano.
Os traballos sufriron atrasos debido aos efectos que a Dana de Valencia causou na empresa adxudicataria, o que obrigou a reestruturar os prazos de execución. «Foi unha actuación necesaria para garantir o bo funcionamento das instalacións e mellorar o servizo que se ofrece á veciñanza», sinalou a alcaldesa Mariña Gueimunde.
A superficie do vaso ten 72 metros cadrados e o seu uso viuse interrompido desde comezos de 2024. A alcaldesa Mariña Gueimunde visitou hoxe a piscina acompañada por Vicente Vázquez, concelleiro de Obras, Parques e Xardíns; María Loureiro, voceira do PSdeG local; e Manuel Galdo, concelleiro de Por Viveiro.
Os traballos enmárcanse nun plan máis amplo que inclúe melloras en accesibilidade, seguridade e equipamento de ximnasio. A alcaldesa agradeceu «o apoio da Deputación Provincial» e afirmou que agardan «con expectación que se asinen novos convenios dos que se beneficie a veciñanza de Viveiro».























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



