O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou nos actos destacando o apoio do Goberno galego a este evento, declarado de Interese Turístico Galego, “que pon en valor o traballo das xentes do mar e a calidade dun produto recoñecido a nivel internacional”. Tamén estivo presente a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López. A Deputación colaborou coa organización desta xornada cunha achega de 3.000 euros. Neste evento, que está declarado de Interese Turístico de Galicia, os asistentes puideron degustar a prezos populares o manxar elaborado de formas diferentes: en empanada, en caldeirada, á galega ou en salsa verde, entre outras.
