- A explanada da Madalena converterase o venres 22 de agosto no epicentro musical das Festas de San Ramón e Santa María de Vilalba co “venres da xira”, unha cita que contará con actuacións de artistas locais e convidados, ofrecendo unha ampla variedade de estilos e propostas musicais
O programa desta edición arrincará ás 21:00 horas con Decrux B2B Bristradd nun chill house set; seguirá ás 22:00 horas con El Chocolay e Jorgito + Talent; ás 23:00 horas será a quenda de Cris V; ás 00:30 horas subirá ao escenario David García; e para pechar a noite, ás 2:00 horas, volverán Decrux B2B Bristradd.
- Este martes houbo atraccións na Praza dos Campos para as crianzas de Cervo Concilia
Estivo tamén aberto ao público en xeral dentro de Enredando no verán.
- Semana chea de actividades no Vicedo
O mércores ás 22:30h ruta nocturna de 8 km entre a igrexa do Vicedo e San Román pasando polo mirador das Laxes, Tixoso, etc. Ao remate hai posibilidade opcional de degustar un chocolate ou outra consumición por 2€ no Restaurante Areagrande. O xoves ás 16:15h Concurso de Figuras de Area na praia de Abrela. Como sempre haberá 4 categorías, premios para os mellores e agasallos para todos.
- Controlado o incendio forestal da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro,
Está controlado desde as 14.42 horas deste domingo o incendio forestal da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 57 axentes, 74 brigadas, 80 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 8 avións.
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu este sábado ao pregón de apertura da XXXIII edición do Mercado Medieval que se celebrou en Mondoñedo
Neste evento, Gómez salientou a importancia deste tipo de feiras para promocionar os produtos agroalimentarios de Galicia, así como para impulsar as producións locais de proximidade. Ademais, a conselleira puxo en valor a ampla tradición deste Mercado Medieval, que está considerado como un dos máis antigos da provincia e que presenta unha ampla oferta de postos artesáns. Estes espazos amosan os oficios tradicionais da Idade Media, proporcionan a posibilidade de degustar diferentes produtos alimentarios, entre outras actividades.
- Un camión caeu nun regato en Lourenzá
Apenas uns minutos despois das 10 deste venres o 112 Galicia deu curso a unha chamada de alerta por accidente en Lourenzá. Tratábase dun camión que se saíu da vía e foi parar a un pequeno regato apenas sen auga. Sen embargo, o único condutor do vehículo quedou atrapado no interior e necesitou a axuda dos Bombeiros de Barreiros. Cando puido ser liberado, recibiu asistencia médica por parte dunha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazada no lugar dos feitos. Foi a chamada ao 112 dunha persoa particular o que permitiu activar o operativo. Os axentes de Garda Civil de Tráfico, os membros do GES da Pontenova e os voluntarios de Protección Civil da localidade sumáronse a bombeiros e sanitarios para unha áxil atención do ferido e para comprobar o bo estado do regato, libre de verteduras.
- A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou na entrega de premios do LXXIV Trofeo Emma Cuervo celebrado este mércores en Ribadeo
Disputárono R.C. Deportivo e Real Oviedo con vitoria galega por 2-1. Contou tamén coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.