Os socialistas denuncian que o rexedor bloquea o debate e emprega o pleno para atacar á oposición no canto de responder á cidadanía
Muras, 28 de agosto de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Muras denunciou a actitude “obstrutiva e autoritaria” do alcalde no pleno celebrado este mércores, no que impediu á voceira socialista, María Jennifer Gómez, defender as dúas mocións rexistradas polo PSdeG o pasado 19 de agosto.
“Dixo que estaban fóra de prazo, pero é falso. Presentámolas antes da comisión informativa e tiña perfecta constancia delas”, sinalou Gómez, quen advertiu que se trata “dun novo exemplo da falta de transparencia e da ditadura que o alcalde está a exercer sobre todo o que presentamos desde a oposición”.
“Mocións bloqueadas: beirarrúas inseguras e falta de transparencia”
Aínda que non puideron ser debatidas no pleno pola censura do rexedor, as mocións socialistas recollían dúas cuestións prioritarias para o municipio. A primeira, reclamada pola propia veciñanza, propoñía a ampliación dun tramo de beirarrúa entre a Igrexa de San Pedro e o bloque da Rúa Margarida, así como a reparación das xa existentes ata A Volta, hoxe nun estado “lamentable e inseguro”. A medida pretendía garantir a seguridade viaria e a accesibilidade universal, especialmente para persoas maiores, nenos e veciños con mobilidade reducida.
A segunda moción reclamaba a creación de comisións informativas mensuais para poñer fin á opacidade na xestión municipal, obrigando ao goberno local a render contas sobre execución orzamentaria, contratos, subvencións e o estado dos proxectos en marcha.
“Estas propostas non van quedar no caixón. Volveremos presentalas porque responden a necesidades reais da veciñanza e porque a transparencia non é opcional, é unha obriga democrática”, advertiu a voceira.
“Censura, improvisación e falta de respecto á oposición”
Segundo explican os socialistas, o alcalde tentou presentar “de urxencia” unha modificación do proxecto de reparación de estradas, sen informar previamente á oposición. “Nin sequera puidemos votar o fondo da proposta porque non se aprobou a súa urxencia, ao non ter avisado do cambio. É unha mostra máis da súa improvisación e da falta de rigor na xestión municipal”, criticou Gómez.
Ademais, denunciou que o rexedor lle negara o dereito a replicar. “Limitouse a increparme sen responder a ningunha das preguntas. As súas palabras textuais foron: non aportas nada, só crispación; e chegou a dicirme que debería dimitir. É intolerable que se utilice o pleno para insultar á oposición en vez de para responder ás necesidades da veciñanza”.
“Compromiso coa veciñanza fronte ao autoritarismo”
“O alcalde demostra unha vez máis que non está disposto a dialogar nin a respectar as regras democráticas. Converte os plenos en escenarios de crispación en lugar de espazos de debate útil”, recalca a voceira socialista.
Desde o grupo municipal subliñan que o PSdeG de Muras “non vai calar” e seguirá defendendo os intereses da cidadanía con propostas útiles e transparentes. “Estamos aquí para mellorar o municipio fronte á parálise e o autoritarismo dun alcalde que goberna de costas á realidade. Non imos consentir que se silencie á oposición nin que se desprece á veciñanza”, conclúe Jennifer Gómez.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



