Viveiro, 11 de setembro de 2025. A XXXVII Marcha Cicloturista Monte San Roque – Viveiro celebrarase o domingo 14 de setembro cun percorrido de arredor de 75 quilómetros que atravesará os concellos de Viveiro, Ourol e Muras. A saída está prevista ás 9.00 horas desde a Praza Maior de Viveiro.
A proba, de carácter non competitivo, combinará tramos de rodaxe con dous sectores libres nos que os participantes poderán medir forzas, mantendo en todo momento o espírito lúdico e deportivo. O momento culminante chegará coa tradicional subida final ao Monte San Roque.
A ruta aposta polas estradas interiores, que permitirán descubrir a riqueza natural e paisaxística da contorna. Haberá dous puntos de avituallamento sólido e líquido: un no tramo cronometrado, entre os quilómetros 30 e 35, e outro na meta, situada na cima do Monte San Roque.
A alcaldesa Mariña Gueimunde salientou durante a presentación da proba que «esta marcha é un clásico do calendario cicloturista galego e unha das mellores formas de promocionar Viveiro como destino deportivo e natural». Engadiu ademais que «o Monte San Roque non só é un reto para os ciclistas, senón tamén un lugar de encontro que simboliza a unión entre deporte e paisaxe».
As inscricións permanecen abertas a través da web da Federación Galega de Ciclismo (www.fgalegaciclismo.es).





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



