Ribadeo, 12 de setembro de 2025. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) convoca a todos os seus socios e socias a unha Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará o 1 de outubro ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda, no Cinema Teatro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “el motivo de esta convocatoria es la próxima celebración de la Gala Anual de Acisa, que ha de someterse a aprobación de la asamblea. Y aprovecharemos la cita para abordar otras cuestiones que nos preocupan”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, salientou a importancia desta convocatoria: “el orden del día incluye cuestiones estratégicas para el futuro de la entidad y del comercio local: En primer lugar, la organización de la Gala Anual de Acisa, anunciando los galardones, el lugar y hora de la celebración. En segundo lugar se abordará el papel de la asociación en la Cabalgata de Reyes. En tercer lugar, debate y votación sobre la postura de Acisa frente a la proliferación de mercados, ferias y jornadas gastronómicas, que desde mayo a agosto se han venido celebrando en Ribadeo. Y el cuarto punto será la votación de la propuesta de modificación de los criterios del protocolo de colaboraciones con otras entidades. Y para acabar ruegos y preguntas”.
Pérez Prada sinalou que “estamos en un momento en el que necesitamos que los socios participen activamente. La Gala Anual es un evento de referencia del que solo se informará de las decisiones de la junta directiva, pero también debemos decidir cómo posicionarnos ante fenómenos como los mercados y ferias que afectan directamente al comercio y a la hostelería locales. La asamblea servirá para escuchar todas las opiniones y marcar una hoja de ruta consensuada”.
Cruzado Iglesias subliñou ademais que a cita será presencial e con votacións en sala: “queremos transparencia y participación directa. No habrá voto telemático ni anticipado, porque es fundamental que las decisiones se tomen con debate en común y con la voz de quienes forman parte de Acisa”.
A presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, asinou a convocatoria en nome da Xunta Directiva, animando a todos os socios a asistir “dada la relevancia de los temas que entre todas y todos vamos a tratar”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



