O taller ofreceu a 20 persoas desempregadas a oportunidade de formarse en especialidades con alta demanda laboral
Vilalba, 12 de setembro de 2025. A Xunta clausurou hoxe o obradoiro dual de emprego Terra Chá no Camiño V, compartido polos concellos de Vilalba e Abadín. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financiou a actividade con 442.000 euros.
A directora territorial dese departamento en Lugo, Carmen José López, participou hoxe na entrega de diplomas ao alumnado que completou a formación. O taller ofreceu 20 prazas en tres especialidades diferenciadas, unha de gravación e tratamento de datos e documentos, unha de xardinería e outra de albanelería.
A representante autonómica destacou que os obradoiros melloran as competencias do alumnado en sectores con elevada demanda no mercado de traballo ao tempo que permiten un prestar un servizo público nos municipios que os acollen.
No caso de Vilalba, os participantes no taller avanzaron na organización e dixitalización de documentos do arquivo municipal. Ademais, o módulo de mantemento de xardíns acondicionou varias zonas, como a praza da Constitución, o parque da escola infantil, a contorna do auditorio, a área recreativa e o complexo deportivo da Magdalena ou os entornos das pontes de Saa e Martiñán, entre outros.
Pola súa banda, o alumnado da especialidade de pavimentos e albanelería de urbanización traballou na execución dunha beirarrúa nunha rúa de nova apertura no casco urbano de Abadín.
Este taller de emprego inclúe a modalidade dual, o que supón que a Xunta concede incentivos para contratar a varios participantes en empresas da contorna para desempeñar funcións vinculadas ás ensinanzas impartidas. Estes contratos realízanse ao finalizar a actividade, cunha duración mínima de tres meses a xornada completa




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



