Nota de prensa
A Deputación selecciona os 540 desempregados que atoparán traballo nas profesións con máis futuro na provincia
– O organismo provincial publica no taboleiro de anuncios e na páxina web a listaxe provisional dos beneficiarios desta iniciativa, incluída no Pacto Provincial polo Emprego, coa que contribuirá a frear o paro en Lugo
– Rematada a selección, a Deputación consensuará cos Concellos os lugares máis axeitados para impartir a formación, que será xestionada polas tres oficinas técnicas que están a pleno rendemento en Foz, Chantada e no INLUDES
– A convocatoria foi todo un éxito, xa que se rexistraron 1.650 solicitudes, case o triple das prazas ofertadas
A Deputación publicou este martes no taboleiro de anuncios e na páxina web o listado provisional dos 540 desempregados da provincia que o organismo provincial insertará laboralmente nas profesións con máis futuro en Lugo, que foron previamente diagnosticadas, dentro do programa formativo Pacto Provincial Polo Emprego. A iniciativa, que está co-financiada nun 80% polo Fondo Social Europeo, obtivo un grande éxito de convocatoria. En total, rexistráronse 1.650 solicitudes, case o triple das prazas ofertadas, para participar no ambicioso programa co que a Deputación freará o paro na provincia, creando novos postos de traballo nos campos laborais máis demandados.
O Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que “a través desta iniciativa estas persoas recibirán unha formación especializada que lles permitirá adaptarse ás novas necesidades do mercado. É unha loita onde estamos todos metidos. Dende logo, a Deputación está plenamente implicada na creación de emprego”.
Os cursos están dirixidos a desempregados de todos os Concellos, agás o de Lugo que ten máis de 50.000 habitantes e ten o seu propio Pacto. A formación comprende 45 cursos relacionados coas áreas sociosanitaria, hostalería, turismo e forestal. Suma máis de 15.000 horas de formación e 60.000 de prácticas en empresas. Ademais, os beneficiarios recibirán unha axuda económica tanto na formación como nas prácticas equivalente ó 75% do IPREM, é dicir, uns 400 euros mensuais.
Distribución dos cursos
Para coordinar todo o territorio, os Concellos dispoñen xa de 3 oficinas técnicas, que foron inauguradas polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e que nestes momentos están a pleno rendemento. Dende estes espazos, que se sitúan en Foz (zona norte), Chantada (zona sur) e INLUDES (zona centro), logo de que as tres entidades cedesen gratuitamente os locais para evitar obras de nova creación, persoal cualificado desprazarase a onde faga falta e asesorará tamén ós alumnos que, no futuro, opten por montar a súa propia empresa, ben como autónomos ou como PEMES.
Rematada a selección dos beneficiarios, a Deputación iniciará os contactos para consensuar cos Concellos os lugares máis axeitados para impartir a formación, xa que un bo emprazamento é clave na asistencia do alumnado, así como as empresas para que as prácticas profesionais, procurando que estén o máis próximas ós seus domicilios.
Complementariamente e asegurando que o Pacto teña continuidade no futuro, a Deputación estreará o primeiro portal de emprego provincial. Estará na web oficial: www.deputacionlugo.org. Será semellante a portais internacionais de busca de emprego, como o famoso “Infojobs”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



