A Mariña, 16 de setembro de 2025. Os Plans con corazón continúan esta fin de semana con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.
Os plans terán lugar os días 19, 20 e 21 de setembro nos municipios de Trabada, Ribadeo e Foz, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de plans moi especiais cos que explorara historia e a paisaxe destes lugaresda man dos guías locais.
TRABADA. Venres 19 setembro
As cousas que falan da terra con Carmen Delia
Un roteiro imprescindible para achegarse ás tradicións, historia e memoria popular, así como ao patrimonio natural do concello. A visita inclúe o acceso e percorrido guiado polo Museo Etnográfico José Rocha e tamén a visita á exposición e obradoiro de cerámica de Lucía Catuxo, situado na aldea de Vilafernando, onde se poderá coñecer tamén a súa fermosa capela.
RIBADEO. Sábado 20 setembro
Xeoruta dos Ollos co xeólogo Iván Rodriguez Lombardero
Percorrido por un tramo moi singular da costa de Ribadeo en cuxos cantís predominan as lousas e cuarcitas, rochas nas que o mar foi modelando unha paisaxe chea de illotes, furnas e bufadeiros – chamados “ollos”-, denominación dada polos mariñeiros debido á luz que entra a través deles cando se observan dende o mar.
FOZ. Domingo 21 setembro
Avistamento de aves mariñas con Carlos Gil de Maremasma.
A primeira saída ornitolóxica en barco nun dos momentos clave do ano para coñecer as aves que sobrevoan o litoral da Mariña a través do corredor migratorio de aves mariñas máis importante de Europa. Unha actividade para explorar unha auténtica autopista natural que suma un dos activos máis importantes para a práctica da observación ornitolóxica no territorio. Algunhas das especies que poden avistarse serían charráns, pardelas ou alcatraces, entre outras aves peláxicas.
Información e reservas
Plans con corazón é un programa promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. So quedan prazas libres para o roteiro de Trabada deste venres e para as actividades programadas nas seguintes semanas, polo que as persoas que o desexen poden reservara súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-con-corazon
As prazas son limitadas e cada actividade terá un custo que varía dos 5€ (inscrición individual), 9€ (inscrición en parella) e 15€ (inscrición grupal para un máximo de 5 persoas), o prezo inclúe a visita guiada e os seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.
Entre o 5 de setembro e o 12 de outubro desenvólvense as 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos, cunha variedade de propostas e percorridos que abranguen desde contornas urbanas ata espazos rurais, desde o litoral ata a Serra do Xistral, nunha iniciativa coa que coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



