Burela, 17 de setembro, 2025. Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela (AFAN Burela) está a realizar diversas actividades co fin de achegar á sociedade esta doenza que se estima que afecta en Galicia a máis de 70.500 persoas.
AFAN Burela en colaboración con ACIA Burela pon en marcha, durante o mes de setembro, unha campaña de sensibilización e visibilización á enfermidade do Alzheimer e outras demencias, con motivo do Día Mundial do Alzheimer o próximo, 21 de setembro. Esta campaña ten como obxectivo principal sensibilizar a poboación e dar visibilidade á enfermidade do Alzheimer, ao mesmo tempo que, implicar e facer partícipes dunha maneira activa aos usuarios do Servizo Específico de Estimulación Terapéutica de AFAN Burela, na elaboración de chaveiros solidarios, que estarán á venda nos establecementos participantes adheridos á ACIA Burela. Cada establecementos colaborador disporá, no seu interior, de cartelería con información da asociación e dos principais sinais de alarma desta doenza, ademáis dos chaveiros solidarios elaborados. Todo o recaudado nesta campaña irá destinado, íntegramente, á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela. AFAN Burela quere agradecer a ACIA a súa colaboración para levar a cabo este proxecto.
Outra das actividades que se levou a cabo neste mes de setembro foi un obradoiro de expresión artística coa a artesá galega, Iria Pigueiras. Unha actividade cultural enmarcada no Plan Action de Fundación Alcoa dirixida ás persoas usuarias de AFAN Burela e voluntarias de Alcoa en colaboración co Lugar das Marías.
Por outra banda, os actos centrais da Asociación terán lugar o venres, 19 de setembro onde AFAN Burela estará presente no Centro de Saúde da localidade e no Hospital da Mariña con mesas informativas onde dará a coñecer a súa labor e proporcionará información sobre as demencias e a súa problemática. Así mesmo, nas mesas informativas terán dispoñibles bolsas de tea pintadas á man, chaveiros e pulseiras elaborados polos seus usuarios, así como, lotaría de Nadal. O Concello de Burela tamén colabora coa entidade iluminando a súa fachada de cor violeta en solidaridade con todos os afectados. Finalmente, aunque xa no mes de outubro, realizarase un obradoiro xunto coa Fundación ENKI sobre deporte inclusivo na que se probarán e se levará a cabo actividades con bicicletas adaptadas.






















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



