Pilar García Porto destacou que este foro “permitirá compartir coñecementos entre expertos, institucións, empresas e entidades sociais, co obxectivo de mellorar a gobernanza, a dixitalización e a calidade da oferta turística vinculada ás augas interiores”
Lugo, 18 de setembro de 2025. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto co Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, inauguraron o I Congreso de Turismo de Embalses de España, unha cita pioneira que reúne a unha vintena de expertos, institucións, empresas e entidades sociais co obxectivo de poñer en valor os encoros como espazos turísticos sostibles, innovadores e competitivos. A primeira edición deste encontro, que conta con 40 persoas inscritas, desenvólvese hoxe e mañá nesta localidade da montaña lucense.
Pilar García Porto destacou que este foro pioneiro que se desenvolverá hoxe e mañá nesta localidade da montaña lucense, no marco do proxecto Turembalses do que forma parte a Deputación, “é unha aposta intelixente e lóxica, porque incorpora ao desenvolvemento turístico unhas infraestruturas con décadas de historia que, ata o de agora, non foran obxecto dunha reflexión sistemática para aproveitar o seu potencial”.
Sinalou a Deputada que estas dúas xornadas, “permitirá compartir coñecementos entre expertos, institucións, empresas e entidades sociais, co obxectivo de mellorar a gobernanza, a dixitalización e a calidade da oferta turística vinculada ás augas interiores”. De feito, puxo en valor á provincia de Lugo, onde a omnipresencia da auga deu lugar a produtos turísticos de éxito como as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra, que superan os 61.000 visitantes anuais.
“Do mesmo xeito, os encoros ofrecen oportunidades para combinar natureza, deporte, cultura e gastronomía, nunha oferta diversa que vai do sendeirismo á BTT, das visitas patrimoniais ao enoturismo, ou mesmo de deportes fluviais a experiencias en globo aerostático”, indicou García Porto.
A Deputada provincial valorou tamén o Canón do Navia na súa vertente lucense, que abrangue concellos como A Fonsagrada, Navia de Suarna ou Negueira de Muñiz, integrados nas Reservas da Biosfera recoñecidas pola UNESCO. “Falamos dun territorio auténtico, cheo de recursos naturais e culturais, cun gran potencial para un turismo sostible que xere riqueza no rural e axude a fixar poboación”, engadiu.
Rematou García Porto sinalando que o turismo vencellado ás augas interiores debe contribuír á conservación ambiental e á cohesión territorial. “Queremos un modelo turístico que respecte a diversidade e ao mesmo tempo a dea a coñecer, e estamos convencidos de que a aposta por TUREMBALSES é un paso decidido neste camiño”, concluíu.
Aposta polo turismo de encoros
O I Congreso de Turismo de Embalses desenvolverase desde hoxe e ata mañá na Fonsagrada e abordará cuestións clave como a potencialidade do turismo de encoros, gobernanza e xestión sostible dos encoros como recurso turístico, dixitalización e calidade da oferta, oportunidades de negocio e cooperación entre territorios, e retos e oportunidades. O encontro reunirá durante estas dúas xornadas a expertos, institucións, empresas e entidades sociais para poñer en valor os encoros como recursos estratéxicos para un turismo sostible, innovador e competitivo no medio rural.
O proxecto TUREMBALSES está impulsado polas Deputacións de Cáceres, Lugo e Badajoz, FEMEMBALSES, a ADI Sierra Oeste de Madrid, a Mancomunidade Valle Norte do Lozoya e a Asociación Navarra Tierras de Iranzu, co obxectivo de posicionar as augas de interior como destinos turísticos sostibles e motores de desenvolvemento rural en España.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



