O Burela non logra sobrepoñerse a un Guadalcacín que foi superior durante todo o partido, salvo nos dez últimos minutos
Burela, 20 de setembro. Segundo encontro en Vista Alegre entre o CD Burela FS e o Guadalcacín FSF hoxe ás 18.30h, no que, debido ao mermado plantel coas ausencias de Gabi e Silvia Rubal, foron convocadas dúas xogadoras xuvenís, Fátima e Antía. Un Burela que loitou os tres puntos pero non logrou vencer a un Guadalcacín bastante reforzado que se mostrou superior durante todo o encontro salvo nos últimos 10 minutos nos que o Burela logra facerse ver anotando un gol e con varias ocasións que non lograron materializarse. Preocupación nunha torcedura de nocello de Cris Blanco que ten que ser retirada da pista durante a segunda parte e que esperamos que se quede nun susto.
Arranca o partido atacando o Guadalcacín sen lograr tirar a porta e no minuto 4 a primeira ocasión para o Burela cun disparo de Sandra que atrapa Sandra Buzón non permitindo o remato de Laura Barranco. Salvaa co pé a mesma Laura nun disparo de Delia no minuto 6 e posteriormente, Ana Eliza nun disparo cruzado de Elena Aragón e noutra ocasión similar protagonizada por Lora. Tras un peligrosísimo pau de Ame Romero nun disparo dende o borde da área chega o primeiro das visitantes tras unha recuperación nun saque de banda, cun disparo frontal de Lora que se coa xunto ao pau. Chega o segundo, de novo da man de Lora nunha boa combinación na área.
Na segunda parte continúa impoñéndose o Guadalcacín anotando o terceiro xa aos tres minutos, cun disparo de Rocío Molina dende os 5 metros, un balón que se lle escapa a Ana Eliza das mans tras un saque de banda. Pouco despois chega o cuarto, tamén por parte de Rocío Molina, que regatea á porteira brasileira na área tras unha boa transición. No minuto 30 espabila o Burela cunha primeira ocasión de Lara que case chega rematar un balón que acaba saíndo polo fondo da pista, pouco antes de lanzala ao traveseiro Sydorenko nun disparo frontal que puido ser a ocasión máis clara das burelenses en todo o encontro. Por fin chega o primeiro tanto das locais nunha boa combinación entre Laura Barranco, que a recupera no medio da pista, con Sydorenko e que finaliza Lara rematando dende a área.
Ficha Técnica Burela FS 1-4 Guadalcacín FSF
Burela FS (1): Ana Eliza (C); Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Laura Barranco, Sydorenko, Marina.
Guadalcacín FSF (4): Sandra Buzón; Lora, Ame Romero, Jussara, Laura Dávila -quinteto inicial-, Elena Aragón, Delia (C), Rocío Molina, María López.
Goles: 0-1, min. 12: Lora. 0-2, min. 18: Lora. 0-3, min. 23: Rocío Molina. 0-4, min. 27; Rocío Molina. 1-4, min. 37: Lara.
Árbitros: Paula Álvarez, Borja Darriba e Eva López.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte das locais, Lara e por parte das visitantes, Rocío Molina.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
