O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, e a Directora Xeral de Políticas contra o Despoboamento, Ana de los Ángeles Marín, veñen de asinar o convenio polo que Lugo entra a formar parte da Rede CIT para frear o despoboamento e dinamizar o rural
Lugo, 26 de setembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Directora Xeral de Políticas contra o Despoboamento, Ana de los Ángeles Marín, veñen de asinar o convenio polo que a provincia entra a formar parte da Rede de Centros de Innovación Territorial (CIT) cun investimento de 850.000€ destinado a frear o despoboamento e dinamizar o rural. “O Executivo de Pedro Sánchez continúa a cumprir cos compromisos adquiridos con esta provincia e nos seguimos a captar fondos que nos permitan desenvolver proxectos clave para reter talento e modernizar o territorio”, valorou o mandatario provincial.
Este acordo ten por obxectivo a creación dun marco de cooperación entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e a Deputación para impulsar unha plataforma de coordinación pública e privada que permita mobilizar financiación e coñecemento co obxectivo de dinamizar a economía local, xerar emprego e fixar poboación, sacar adiante iniciativas sociais e tecnolóxicas e conectar o territorio coas universidades, centros de investigación e empresas para transferir innovación.
Mediante o convenio que se vén de formalizar, o Ministerio comprométese a achegar 510.000 euros e a Deputación outros 340.000 entre este ano e o 2029, comezando este ano cunha primeira partida de 100.000 euros. A Deputación de Lugo deberá poñer a disposición do CIT os espazos adecuados para o seu funcionamento, achegar o persoal necesario e contribuír coa súa organización.
Tomé Roca explicou que este acordo se enmarca no traballo que a Deputación de Lugo leva anos facendo “impulsando políticas destinadas a acercar os servizos ao rural” e destacou a rede pública de residencias de maiores que puxo en marcha a institución provincial para “favorecer o arraigo cunha atención de calidade, creando emprego”. Nese sentido, puxo en valor que a Deputación de Lugo ten xa 9 residencias en funcionamento –nos concellos de Pol, Trabada, Ribadeo, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil- que dan servizo na provincia a través dun modelo de pequenos centros públicos, nos que prima a atención ás persoas, e que conta con moi boa acollida en Europa.
O Presidente sinalou outros proxectos e boas prácticas que impulsa a Deputación que contribúen a fixar poboación, como o Plan Deputación de Cooperación cos Concellos, a Granxa Gayoso Castro ou iniciativas turísticas como as rutas en catamarán ou o Parque Central de Antas que impulsan un modelo de colaboración público-privado.
Xunto á Deputación de Lugo están adheridas a esta rede colaborativa o Principado de Asturias e as deputacións de Tarragona, Ourense, Castellón, Guadalaxara, Palencia e Burgos, sumando xa máis de 20 entidades en todo o territorio nacional.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



