O director de Turismo de Galicia participou na inauguración dun Foro sobre turismo e sostibilidade na Mariña lucense
O Valadouro, 1 de outubro de 2025. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración esta mañá o Foro de Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense no que puxo en valor instrumentos coma os Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) para avanzar nun turismo sostible e na identificación do modelo que se quere potenciar na comunidade. Neste sentido, salientou precisamente o PSTD da Mariña Lucense, no que precisamente se enmarca o Foro que se celebra hoxe, e que conta cun investimento global de 2,3M€ dos que a Xunta financia 1M€.
O director de Turismo destacou que “o obxectivo deste plan é impulsar un desenvolvemento turístico sostible na Mariña Lucense, poñendo en valor o seu patrimonio cultural e natural protexido para frear a perda demográfica nas áreas rurais dos 16 municipios”.
Ademais, persegue a xestión dos fluxos turísticos no territorio, o freo da perda de poboación rural, aumentar o seu nivel socioeconómico e mellorar o equilibrio territorial neste territorio. O impulso da dixitalización das infraestruturas e os servizos turísticos existentes é outro dos eixos deste PSTD, xunto co desenvolvemento de equipamentos e produtos turísticos seguros, innovadores e singulares.
“Desde o Goberno galego levamos anos asumindo o compromiso de traballar da man da sostibilidade turística”, salientou Merelles, quen destacou o esforzo que realiza a administración “para repartir a actividade turística polo territorio e durante todos os meses do ano”.
O director da Axencia citou algunha das ferramentas que se empregan para potenciar estes aspectos, como os Plans de Sustentabilidade Turística en Destino e lembrou outras achegas económicas que apoian a sustentabilidade, como as axudas para a mellora de infraestruturas turísticas en concellos de menos de 10.000 habitantes, dotadas con 2M€, ou as liñas para actuacións de melloras enerxéticas, dixitalización e embelecemento de fachadas de establecementos situados no litoral costeiro, ás que se destinan 5M€.
Entre os meses de xaneiro e xullo, a Mariña Lucense recibiu a visita de máis de 103.000 turistas, un 1,8% máis que no mesmo período de 2024, que realizaron un total de 205.000 pernoctacións, un 8,1% máis.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



