Alfoz, 1 de outubro de 2025. Tras o éxito da primeira edición, o Concello de Alfoz presenta o II Curso de Pádel para Adultos, que se desenvolverá dende o 18 de outubro ata o mes de xuño. As sesións impartiranse os sábados en horario de tarde, adaptadas aos diferentes niveis de xogo:
Nivel de iniciación (para persoas que nunca xogaron ou que tiveron un primeiro contacto): sábados de 16:00 a 17:00 h.
Nivel intermedio (para quen xa asistiu a cursos previos ou xoga ocasionalmente): sábados de 17:00 a 18:00 h. e 18:00 a 19:00 h.
Nivel de perfeccionamento (para xogadores/as habituais con experiencia en competición): sábados de 19:00 a 20:00 h.
O custo da actividade será de 10 euros ao mes e as persoas participantes deberán levar a súa propia pala de xogo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 2 e o 9 de outubro, tramitándose a través do Concello. As prazas son limitadas.
Dende o Concello de Alfoz anímase á veciñanza a participar nesta actividade deportiva que promove hábitos de vida saudables e ofrece a oportunidade de mellorar ou iniciarse no pádel nun ambiente de convivencia e aprendizaxe.