O pasado xoves 25 de setembro mestres da Escola Municipal de Música deleitaron ao alumnado e ao profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón cunhas pequenas pezas musicais a modo de concerto didáctico nos ximnasios de ditos centros educativos de Xove co fin de amosarlles o traballo que día a día realizan nas clases da escola á vez que intentar conseguir novos alumnos para este curso que ven de empezar. Ademáis este mércores tivo lugar a presentación do novo curso da Escola Municipal de Música nunha aula do Colexio de Palmeiro, instalacións que usan a diario para desenvolver a sua programación.
