Sendo un mociño que estaba a comezar o BUP no instituto, achegueime a ver unha exposición de xogos tradicionais organizada pola Agrupación Cultural Lumieira de Carballo. Ben interesante que era a ollada que nela se botaba ao feixe de xogos cos que os nosos avós e avoas tanto gozaran! Mesmo varios che daban explicacións in situ de como pasaban o día con aqueles xogos. Esa tarde que a visitei, nun momento dado, vin entrar a Evencio Ferrero Rodríguez na sala onde se facía a exposición, as dependencias da vella biblioteca que estaban nos baixos da casa do concello. Nunca con el falara. Pero sabía quen era; e sabía o que ía chegar a ser, porque así llo escoitara a moita xente e toda ela tiña a esperanza posta en que algún día acabaría cumpríndose ese soño. Achegueime a el, estreiteille a man, e comenteille todo convencido, e coa candidez dun rapazolo que comezaba a facer vida social: “Quero saudar ao futuro alcalde de Carballo”. Presenteime; deume as grazas polos bos desexos e charlamos un anaquiño sobre inquedanzas culturais e sobre o noso pobo e o meu barrio, a Ponte. Era a comezos dos anos oitenta.
Até o 2003 houbo que agardar. Foron anos de moito traballo desde a oposición. Tan só coa edición dun tripartito no mandato 1987, que apenas durou, puido o BNG de Carballo exercer responsabilidades de goberno. Pero sería no 2003, ese ano no que tanto mudaron as cousas a nivel municipal, por moito que o discurso dominante queira facer crer que co Prestige non pasou nada, cando Evencio Ferrero (e con el o seu equipo) lograría acadar a alcaldía de Carballo. E desde entón. Claro que nos gustaría que fora máis curta a espera, pero hai que aprender a tomar as cousas como veñen e saber retomar o camiño. Os problemas hai que saber convertelos en oportunidades. Se alguén quere profundar no significado da palabra “resiliencia” que se achegue por Carballo, que de seguro poderá comprender a fondo o seu significado analizando a práctica política do BNG ao longo de tantos e tantos anos de oposición política no plano municipal e tamén os vaivéns do nacionalismo galego ao longo deses anos.
O cambio experimentado por Carballo desde entón é máis que notorio. Un pobo estragado pola especulación urbanística, e sen proxecto colectivo sólido, converteuse nun referente cultural, económico e social. E foi quen de facelo aplicando políticas en clave galega, para a cidadanía, defendendo os sectores produtivos básicos, o noso tecido cultural, e os necesarios servizos sociosanitarios. Pero tamén destacaría algo que define a praxe política do BNG en Carballo e o saber facer de Evencio Ferrero Rodríguez: o BNG de Carballo soubo promover un liderado que enriqueceu e ampliou o seu campo de influencia permitíndolle así ir a máis na praxe política cotián; Evencio Ferrero soubo fomentar un equipo ben trabado, no que se traballou para reforzar tanto o propio grupo como a persoa que nese momento exercía o liderado de dito grupo.
A política, como a actividade empresarial, laboral, cultural, etc., é feita por persoas, seres humanos de carne e oso cos seus riscos particulares, as súas fraquezas, e fortalezas, e non sempre é doado lograr esa combinación ideal para que un aspecto non supere o outro e os dous poidan marcar un rumbo positivo. Para alén das cousas do día a día, que non estou en condicións de valorar pois levo moitos anos lonxe do pobo que me viu nacer, e tampouco é o momento de facelo nestas liñas, en Carballo cristalizaron moi ben eses dous elementos: equipo de traballo e liderado. Os meus parabéns tanto a Evencio Ferrero Rodríguez (e o meu agradecemento infindo polo seu esforzo persoal neste empeño) como ao equipo de homes e mulleres que sempre estiveron ao seu carón.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



