Os deputados Raquel Arias e José Manuel Mato visitaron Talleres Ángel de Paradela, unha das empresas beneficiarias
Paradela, 4 de outubro de 2025. Os deputados do Grupo Popular Raquel Arias e José Manuel Mato salientaron hoxe en Paradela que un total de 47 empresas da provincia de Lugo (das que 9 están localizadas na comarca de Lemos) se repartiron case 615.000 euros en axudas da Xunta de Galicia con cargo ao programa Emega, dirixido á posta en marcha, mellora e reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres.
Nunha visita a Talleres Ángel, unha das empresas beneficiadas das axudas Emega, Raquel Arias e José Manuel Mato subliñaron o compromiso do Goberno galego para impulsar as iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable, así como favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das mulleres galegas.
OCUPAR O LUGAR QUE LLES CORRESPONDE NO MERCADO LABORAL
“O éxito deste programa da Xunta pode comprobarse nos máis de 2.000 proxectos empresariais e a consolidación de máis de 4.000 empregos femininos que se beneficiaron nos últimos dez anos”, sinalou a deputada popular, quen destacou a súa “contribución para que todas as emprendedoras galegas poidan ocupar o lugar que lles corresponde no mercado laboral”.
Pola súa banda, José Manuel Mato apuntou que este programa “presta un especial apoio ás mulleres que emprenden no rural, ás maiores de 55 anos e a aquelas que desenvolven a súa actividade en sectores tradicionalmente masculinizados, así como naqueles ámbitos con especiais dificultades para a inserción laboral feminina”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



