CERVO .- O Equipo de Goberno municipal vén de amosar a súa sorpresa despois de que na sesión plenaria celebrada na tarde de onte o Grupo municipal socialista votara en contra dunha moción que tiña por obxecto reclamar máis medios, tanto técnicos, como humanos, así como un incremento das achegas económicas para o desenvolvemento das medidas de protección ás mulleres que están a sufrir malos tratos. Tan só os socialistas rexeitaron esta proposta que saíu adiante co apoio dos edís do Goberno municipal e do único concelleiro do Bloque Nacionalista Galego.
A iniciativa obxecto de debate, promovida polos edís do Partido Popular, estaba relacionada coa conmemoración do Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero que cada ano ten lugar o 25 de novembro. A concelleira que actuou de voceira na defensa desta moción, a popular Chelo Gallego amosou a súa perplexidade despois de que a concelleira socialista Lara Méndez posicionara ao seu grupo en contra desta proposta. “Aquí no se trata de hacer demagogia con un tema tan delicado como es el de la violencia en el ámbito familiar, -explicó la concejala popular- ni tan siquiera pretendíamos cuestionar las medidas y las nuevas leyes que han sido aprobadas con la finalidad de proteger a quienes están sufriendo malos tratos, porque cualquier esfuerzo en relación con este asunto es digno de valorarse positivamente. Pero también es cierto que, a juicio de los resultados, con más de 60 asesinatos de mujeres y denuncias de sindicatos policiales y trabajadores de servicios sociales que ponen de relieve la insuficiencia de estos medios, no está de más que quienes tenemos responsabilidades políticas reclamemos un mayor esfuerzo y una mayor implicación de todas las administraciones. Sinceramente no puedo comprender que Lara Méndez como mujer, por mucho que se lo impongan en su partido, puede dar la espalda a esta realidad y mucho menos que sus compañeros la secunden.”
NOVOS REPRESENTANTES NOS CONSELLOS ESCOLARES
O Pleno da corporación municipal tamén acordou o nomeamento dos novos representantes municipais nos Consellos Escolares dos centros educativos cervenses. A partir de agora, a concelleira Yolanda Pedreira formara parte deste órgano de dirección e participación no colexio público de Cervo, a súa compañeira Pilar Armada fará o propio no colexio Mestre Rivera Casás e o edil Antonio Basanta formará parte do Consello Escolar do colexio Galdín de San Ciprián. Chelo Gallego será a representante do Concello no Instituto Marqués de Sargadelos.
REFORMA DOS TRIBUTOS MUNICIPAIS
A reforma dos taxas e tributos municipais contou tamén co visto e prace do Pleno Municipal grazas aos votos do Equipo de Goberno de Cervo. Deste xeito actualizáronse as contías segundo o IPC excepto no caso do Imposto de Circulación, servizo de Axuda a Domicilio e taxa pola expedición de documentos e certificacións oficiais que foron conxelados como medida para colaborar coas economías familiares que están a verse afectadas pola crise. O imposto de vehículos é o segundo en importancia para as arcas municipais e non se verá incrementado para o ano próximo beneficiando así a máis de 3.692 vehículos que forman parte do parque móbil dos veciños de Cervo. Ao mesmo tempo o Goberno municipal acorda non incrementar os prezos do servizo de asistencia domiciliaria aos preto de medio centenar de veciños que benefícianse do mesmo, tendo en conta que estamos a falar dun servizo eninementemente social. Tampouco o farán as taxas por trámites burocráticos de competencia municipal.
ESCOLAS DEPORTIVAS
Finalmente, o Grupo de Goberno sacou adiante a reforma da ordenanza reguladora das Escolas Deportivas Municipais. Deste xeito os máis de 150 usuarios deste novo servizo que celebra o segundo curso de existencia desde que foi promovido polo Executivo que preside Alfonso Villares dispoñen dunha nova regulamentación.
A ordenanza municipal contempla unha bonificación da que poderán beneficiarse os alumnos menores de idade -actividades deportivas infantís- que forman parte de familias numerosas. Neste suposto a couta mensual virase reducida de 12,54 ou 18,81 (segundo sexan rapaces empadroados ou non no concello de Cervo ) a tan só 8,36 euros. Ademais naqueles casos cando dous ou máis irmáns, membros dunha mesma unidade familiar, estean matriculados nas Escolas Deportivas Municipais tan só pagarán a metade da couta correspondente.
A normativa municipal en Cervo contén un amplo abano de exencións máis completo que os existentes nas ordenanzas municipais do resto dos concellos da nosa comarca que dispoñen de Escolas Municipais das mesmas características. Desde a Concellaría de Deportes quere promoverse aínda máis, se cabe, a participación de todos neste servizo orientado á práctica do deporte e ao fomento da saúde.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



