Tamén puxo en valor que esta acción amosa o compromiso do Goberno galego co conxunto da cadea mar-industria, sector estratéxico na comunidade, así como coa saúde e benestar da cidadanía
Lugo, 10 de outubro do 2025. A primeira edición do programa autonómico de promoción do consumo de produtos pesqueiros frescos, Bono Peixe, finalizou este xoves ao esgotarse os 2,5 millóns de euros que destinou a Xunta a esta medida pioneira. Así o anunciou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, desde o Mercado Municipal de Lugo, onde fixo un balance preliminar desta acción impulsada polo seu departamento. Así, destacou entre as grandes cifras os 750 establecementos adheridos a este programa do que se beneficiaron máis de 146.000 consumidores xerando un impacto en vendas de case 11 millóns de euros.
Marta Villaverde salientou a gran acollida desta iniciativa que confirmou o interese espertado no conxunto da comunidade, á vez que permitiu dar maior visibilidade á necesidade de garantir a presenza destes alimentos na cesta da compra. Uns produtos de excelente calidade e cunhas propiedades nutricionais que representan importantes beneficios para a saúde e benestar da cidadanía, contribuíndo á prevención de doenzas e promovendo unha maior calidade de vida.
Marta Villaverde sinalou que esta acción serviu para confirmar de novo o impacto do factor prezo nos hábitos de consumo dos produtos pesqueiros polo que volveu a reclamar ao Estado a rebaixa do IVE ao peixe, marisco e conservas. Nesta liña, recordou as experiencias positivas de países do noso entorno como Portugal así como o aval de organismos internacionais e por estudos independentes que resaltan o seu impacto positivo para o conxunto da cadea mar-industria. Uns argumentos de peso polos que resulta incomprensible a reiterada negativa do Goberno central a esta medida. Un desleixo que contrapuxo co compromiso da Xunta á hora de poñer en marcha iniciativas de promoción do consumo propias e en colaboración coas principais entidades sectoriais situando a Galicia como referente neste ámbito.
Reparto por provincias
As máis de dez semanas de vixencia do Bono Peixe deixou un comportamento moi diferente nas distintas provincias. Así, A Coruña lidera por número de descargas con máis de 100.000, seguida de Pontevedra con case 90.000, Lugo con 22.000 e Ourense con 21.000. Pola contra, en canto a número de establecementos, a provincia de Pontevedra liderou con 304, seguida da Coruña con 290, con Lugo e Ourense empatadas con 78 establecementos. En total participaron 233 operadores, dos que a gran maioría son establecementos minoristas (188), 26 hipermercados, 18 ambulantes e 1 gran almacén.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



