O Presidente e o Alcalde deste municipio mariñán veñen de asinar un acordo de colaboración entre ambas entidades que permitirá renovar a vía, de titularidade municipal, que conecta a LU-P-4809 coa Ermida de San Antonio
Lugo, 13 de outubro de 2025. O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde do Concello da Pontenova, Darío Campos Conde, veñen de asinar un convenio de colaboración na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos mediante o que a institución provincial realiza unha achega económica de 137.151€ a este municipio para acondicionar a rede viaria da parroquia de Santa María de Conforto.
O mandatario provincial avanzou que “continuamos colaborando cos concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos seus veciños e veciñas”. En canto a este acordo, José Tomé destacou que “damos resposta a un dos grandes desafíos que ten esta parroquia do rural: a accesibilidade e a mellora das comunicacións, unha cuestión fundamental para garantir a calidade de vida da veciñanza”.
Así mesmo, o máximo representante da institución provincial puxo en valor que este investimento é un exemplo máis do compromiso que mantemos desde a Deputación co rural da provincia. Acondicionando as comunicacións locais contribuímos tamén a potenciar o turismo ou a actividade hostaleira”, concluíu.
O convenio permitirá renovar esta vía -de titularidade municipal- que conecta a estrada provincial LU-P-4809 coa Ermida de San Antonio e que, ademais, dá servizo directo a un establecemento hostaleiro e varias vivendas. As obras que se van realizar consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e, unha vez finalizado o firme, procederase a instalar a sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas.
























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



