Os populares tamén subliñan que “agora hai en Burela outras localizacións máis amplas que, negociando coas diferentes administracións, se poderían empregar para asociacións locais”
Burela, 18 de outubro de 2025. O PP de Burela lembra que “o acondicionamento das vivendas das antigas casas dos mestres na zona dos Castros para ceder ás diferentes asociacións” que anunciaba recentemente a alcaldesa “é un proxecto que leva o selo do Partido Popular”.
No seu día, o goberno do PP xa acondicionara estas vivendas para ese obxectivo e, cando entrou a gobernar o PSOE, no 2015 ese proxecto quedou totalmente paralizado e non se cederon as vivendas que xa foran acondicionadas da man dun obradoiro de emprego financiado pola Xunta de Galicia.
Os populares celebran que “a señora López tivera a ben recuperar este proxecto do Partido Popular e asumilo como propio” a pesar de que pasara o tempo. Pero, precisamente, porque pasou o tempo dende o 2015, “a situación cambiou bastante”. Os concelleiros apuntan específica aos problemas de vivenda que vemos tódolos días e Burela é un concello que, a diferenza doutros, non dispón de vivendas sociais para que os veciños e veciñas que o precisen poidan acceder a elas.
Dende o PP subliñan que “non queremos dicir que todas esas vivendas da zona dos Castros deban ser dirixidas a este obxectivo, pero si que consideramos que se debería reservar algunha das vivendas con fins sociais”. Ademais, consideran que “en Burela hai agora outras localizacións que, negociando coas diferentes administracións, se poderían empregar para asociacións locais que serían bastante máis amplos que as vivendas dos Castros e que darían a posibilidade de desempeñar de forma máis cómoda ás asociacións da nosa vila”.
Os populares cren que “o proxecto que xa puxo en marcha a nosa formación no pasado e abandonada polo PSOE debe ser recuperado, pero parcialmente porque as necesidades mudaron ao longo do tempo”, conclúen.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


