Ribadeo, 20 de outubro de 2025. Ribadeo conta cun punto de actualización de documentación, que se atopa situado no Concello.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, explicou que “Ribadeo conta con un PAD, que é un punto de actualización do DNI ou punto de actualización de documentación. É un dispositivo similar a un caixeiro automático instalado no Concello de Ribadeo que permite aos titulares do DNI electrónico consultar e xestionar a información do seu chip, como renovar o seu certificado dixital ou cambiar a súa clave de acceso sen necesidade de cita previa”.
A edil ribadense declarou: “qué trámites se poden realizar nun PAD? Renovar o certificado dixital do DNI, que é necesario para realizar trámites seguros en liña, cambiar a clave de acceso do DNI electrónico, xérase de forma aleatoria ou expedir o DNI e pódese modificar no PAD, consultar os datos do chip do DNI electrónico”.
Montse Seijo referiuse á súa utilidade: “por qué é útil? Porque facilita o acceso á administración pública, porque permite realizar xestións sen cita previa aforrando tempo e é accesible para persoas con mobilidade reducida ou discapacidades visuais. E recordamos que se atopa na entrada do Concello de Ribadeo”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



