A través dunha nova visita ao IES Monte Castelo, o Concello de Burela reforza o seu compromiso coa mocidade e coa promoción dos dereitos da infancia, achegando información e ferramentas para fomentar a participación activa dos rapaces e rapazas na vida do municipio
Burela, 23 de outubro de 2025. O Concello de Burela visitou hoxe o IES Monte Castelo para ofrecer información ao alumnado sobre a Casa da Xuventude, o Grupo de Participación e o Bo Trato á Infancia.
A actividade desenvolveuse en dúas sesións: co alumnado de 1º da ESO tratouse principalmente o tema do Bo Trato á Infancia, mentres que con 2º da ESO abordáronse cuestións relacionadas co Grupo de Participación e a Casa da Xuventude.
Na primeira sesión participaron Noelia Legazpi, educadora familiar do Concello, e Conchi Pernas, técnica de Inmigración. Na segunda, estivo presente Jaime Méndez, técnico de Mocidade. Xunto a eles acudiu o concelleiro de Educación, Mocidade e Inmigración, Mario Pillado.
Pillado destacou “o interese e entusiasmo que mostraron os rapaces e rapazas sobre os seus dereitos e a posibilidade de acudir á Casa da Xuventude e formar parte do Grupo de Participación”. Engadiu ademais que aproveitaron o encontro “para felicitalos de novo porque Burela fose recoñecida Cidade Amiga da Infancia, un recoñecemento que se debe, sobre todo, á nosa infancia e mocidade e que debemos levar con orgullo”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


