A central sindical esixe a inmediata reversión da medida e a contratación de persoal das listas públicas para realizar estas funcións
Lugo, a 23 de outubro de 2025. A CIG-Saúde vén de denunciar a decisión da Xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos de contratar unha empresa privada para realizar as tarefas de codificación das altas hospitalarias e da hospitalización a domicilio, unha función que até o de agora viña sendo desempeñada polo propio servizo público de admisión.
Esta decisión supón un novo paso no proceso de privatización encuberta da sanidade pública galega, xa que implica que unha empresa privada teña acceso ás historias clínicas das e dos pacientes atendidos nos hospitais públicos, co conseguinte risco para a confidencialidade dos datos sanitarios e para a calidade do servizo.
A CIG-Saúde lembra que existe persoal técnico superior en documentación sanitaria incluído nas listas de contratación temporal do Sergas, formado e plenamente capacitado para desenvolver estas tarefas. “Non hai ningunha xustificación para recorrer a unha empresa privada cando hai profesionais públicos dispoñibles”, denuncia a organización sindical.
Desde a CIG-Saúde esíxese a reversión inmediata desta decisión e que a Xerencia proceda á contratación de persoal das listas oficiais para reforzar os servizos de admisión e documentación sanitaria. “A codificación hospitalaria é unha función esencial e debe permanecer baixo control público, garantindo tanto a protección dos datos das e dos pacientes como a estabilidade e dignificación do emprego no sistema sanitario público”, aseveran.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



