Son actuacións encamiñadas a dar cumprimento á normativa vixente en accesibilidade e que responden á demanda veciñal para mellorar a mobilidade peonil
Cervo, 24 de outubro do 2025. O Concello de Cervo está a realizar estes días diversas actuacións no centro de San Cibrao para mellorar a accesibilidade e facilitar a libre circulación das persoas con mobilidade reducida.
A rexedora, Dolores García Caramés, xunto á concelleira Mali Méndez, supervisou os traballos, que se centran na reubicación de bancos e outros elementos que reducían o espazo dispoñible nas beirarrúas. O obxectivo é garantir que veciños e visitantes, especialmente persoas con mobilidade reducida poidan desprazarse con maior comodidade e seguridade.
A alcaldesa subliñou que estas actuacións se realizan tanto cumprindo a normativa vixente en materia de accesibilidade como atendendo á demanda veciñal. “Seguimos traballando para facer de San Cibrao e de todo o municipio un lugar máis inclusivo, no que a accesibilidade sexa unha prioridade. Pequenas intervencións coma esta teñen un gran impacto na calidade de vida das persoas”, destacou.
O Concello tamén estudou novas localizacións para recolocar parte do mobiliario retirado, garantindo que siga ofrecendo servizo sen interferir na mobilidade.
Tamén se está a reorganizar o mobiliario ornamental e parte dos maceteiros existentes reocolocaranse agora en espazos que non interfiran na mobilidade e incorporaranse novos maceteiros colgantes, que permitirán manter a presenza de elementos vexetais na rúa sen reducir o ancho útil das beirarrúas e sen obstaculizar o tránsito peonil.
Esta iniciativa enmárcase no compromiso do goberno local coa mellora continua da accesibilidade urbana, que se analizará e estenderá progresivamente a diferentes zonas de todo o termo municipal.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



