Ribadeo, 3 de novembro, 2025. O pasado venres 31 de outubro tivo lugar en Ribadeo o oitavo evento do ciclo Soberanía Dixital, baixo o título “Solarpunk. Taller de futuros optimistas”. Como en anteriores ocasións, desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal el Viejo Pancho, onde nos reunimos un total de quince persoas arredor da proposta mensual de amarinha.gal. O acto tivo dúas partes ben diferenciadas. Nunha primeira, Lucía Ferro, que actuou de ponente, presentou as ideas básicas do que é Solarpunk, facendo fincapé a máis no medio de desenvolvemento desas ideas. Despois, pasou á participación dos asistentes, que escribiron e logo explicaron e debatiron diversas accións encamiñadas a posta en marcha do futruo cunha visión fresca e optimista.
O acto foi acompañado co reparto dun fanzine con artigos relacionados.
O próximo mes terá lugar o seguinte evento do ciclo ‘Soberanía Dixital’, neste caso destinado ó manexo e control das ferramentas coas que nos relacionamos coas institucións, “Administración electrónica. Ferramentas e axuda’, para o que se pediu ós asistentes que transmitiran as necesidades que observen, da petición de cita no Sergas á instalación de Chave365 ou o certificado dixital, por poñer varias posibilidades.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



