Os populares tamén lembraron a reivindicación dun segundo acceso a Ribadeo dende a A-8 e ao acceso dende a estrada de Vilela á variante; ademais da “reclamación conxunta” dos alcaldes de Ribadeo e Castropol sobre a iluminación dos accesos da A-8 ás dúas localidades
Ribadeo, 4 de novembro de 2025. O PP condena que “unha vez máis o PSOE en Madrid contradiga ao PSOE lucense e, neste caso, ao PSOE de Ribadeo” en relación á demanda unánime da corporación municipal de reclamar ao Goberno de Sánchez a reparación e o mantemento da Ponte dos Santos.
Os senadores do PP lucense -José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano- fixéronse eco, a petición do alcalde de Ribadeo, Dani Vega, do acordo unánime de tódalas forzas políticas do Concello e preguntaron ao Goberno de Sánchez tanto polo estado de conservación da varanda, da malla de protección e do asfaltado da ponte. E “vemos que, unha vez máis, nos enganou porque o mantemento é ningún”, segundo manifestan os populares.
O senador mariñán explica que o Goberno de Sánchez en resposta oficial asegura que se fai o mantemento periodicamente e que se actuou no firme en xullo deste ano entre Barres e Ribadeo, pero todo o mundo pode comprobar a situación”: a varanda abandonada, a malla descoidada e o pavimento nun estado mellorable.
Balseiro sinala que “nos gustaría saber que opinan disto o BNG e o PSOE de Ribadeo. O PSOE en Ribadeo opina unha cousa e no Goberno de España opinan todo o contrario”.
O alcalde sinala que a reclamación de tódolos grupos municipais ao Goberno do Estado “é clara”: investir na conservación da Ponte dos Santos (na varanda, nos sistemas de protección e no pavimento da vía) e tamén no segundo acceso a Ribadeo dende a A-8 e ao acceso dende a estrada de Vilela á variante.
Estas peticións xa foron trasladadas polo alcalde ao Delegado do Goberno en Galicia fai poucos días cando visitaba Ribadeo. E, recentemente, “conxuntamente” co alcalde de Castropol reclamaba tamén a iluminación dos accesos da A-8 ás dúas localidades.
Vega reclama “investimentos para mellorar as infraestruturas de Rbiadeo que son fundamentais para que o municipio e toda a contorna sigan avanzando”.
A PONTE DOS SANTOS, A A-8 E O CAMIÑO NORTE
A Ponte dos Santos é unha importante infraestrutura inaugurada no ano 1987 sobre a ría de Ribadeo que actúa como fronteira entre Galicia (Ribadeo) e Asturias (Castropol). Dende a súa ampliación no 2008, o viaduto permite o paso de vehículos pola autovía do Cantábrico; pero tamén dispón dun espazo de tránsito peonil e ciclista que permite o contacto social continuo entre Ribadeo e Castropol, ademais de dar continuidade á ruta do Camiño Norte.
O alcalde popular sinala que “a pesar de que pola marxe da ponte pasa o Camiño Norte, está sen acondicionar; tendo que ser, moitas veces, o Concello o que desbroce para habilitar o paso dos peregrinos”. Nese sentido, advirte que “ao Goberno central non lle importa nada a promoción do turismo e do Camiño de Santiago que é tan importante para Galicia”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



